lunes, 29 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN NO GAIOSO - MONTEALTO - A CORUÑA

Tiven a sorte de compartir tempo e espazo cun grupo entrañábel de amigos da poesía, da conversa... nun acto moi familiar no que léronse textos tanto do libro "Sétimo andar, poesía alén" como outros.

 0 forxador cun novo amigo de fluida voz e verbo amábel chamado Félix

 Cos meus amigos Fonso e Encarna


                                                                   Quentando motores


Iolanda e o forxador. Maravillosa a interpretación de Iolanda do poema títulado:
Quen é o tempo?

 Fonso e Iolanda, dúas boas persoas


MÁIS FOTOS DO CIENCIA QUE CONTA 2010










lunes, 22 de noviembre de 2010

ENTREGA DE PREMIOS RELATOS CIENCIA QUE CONTA 2010


O meu relato titulado:  “Nota do autor: prégase ler este relato cos ollos pechados” acadou o segundo premio.


Fermosa e diferente tarde a vivida xunto cos amigos de ciencia que conta. Animo a todos a participar en iniciativas como esta, que achegan aos máis novos a coñecemento científico dun xeito divertido e didáctico.

http://cienciaqueconta.wordpress.com/

sábado, 20 de noviembre de 2010

HOMENAXE A SARAMAGO


José Saramago cumpriría hoxe 88 anos. Parabéns e grazas por todo, o que nos diches e o que nos deixaches... tesouros todos!!!


Há na memória um rio onde navegam

os barcos da infância, em arcadas

de ramos inquietos que despregam

sobre as águas as folhas recurvadas.



Há um bater de remos compassado

no silêncio da lisa madrugada,

ondas brancas se afastam para o lado

com o rumor da seda amarrotada.



Há um nascer do sol no sítio exacto,

a hora que mais conta duma vida,

um acordar dos olhos e do tacto,

um ansiar de sede inextinguida.



Há um retrato de água e de quebranto

que do fundo rompeu desta memória,

e tudo quanto é rio abre no canto

que conta do retrato a velha história.


Violeta Suárez Araúxo

lunes, 15 de noviembre de 2010

FOTOS DO SEGUNDO E TERCERIO TEMPO EN COMPOSTELA

Son poetas, son amigos, son moi boas persoas...






O forxador e o GRAN Ramiro

PRESENTACIÓN LA LIBRARÍA COUCEIRO EN COMPOSTELA

Teño a enorme sorte de poder chama-los amigos: Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Fonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Mariola e un forxador.

(Faltou por motivos de saúde a fermosa voz de Mariola).














Máis fotos da presentación no seguinte enlace:

http://aportaverde.blogspot.com/2010/11/presentacion-do-libro-en-compostela.html

viernes, 12 de noviembre de 2010

a porta e o andar

12 novembro, 2010
Manolo Pipas

a porta verde setimo andar

presenta o seu segundo libro
os versos destas nove voces
resistentes creadores en galego
traballadoras da palabra e do ritmo
amigos e compañeiras de filo-cafés

verde a porta a terra e a lingua
enerxica e comunitaria proposta
reveldes olladas e sentires
do setimo andar da poesia
entregada nos vosos espacios

setimo andar poesia alén
en vigo presentado na cova dos ratos
tempo despois en espinho e o porto
i de regreso os poemas na ria
moaña foi a nosa nova palestra
organizada na quintela entre libros

a porta verde o setimo andar
navega coa sua poesia alén
debullando historias por bueu
ai compostela que agora agarda
ritmo e palabra en nove voces


o cronista



setimo andar poesia alen
libro do espacio a porta verde
será presentado na libraria couceiro
este sabado 13 as doce e media
da mañan compostelana






jueves, 11 de noviembre de 2010

A porta verde en Bueu na presentación do libro "SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN"

O Forxador, Alba Méndez, Alfonso Láuzara, Manolo Pipas e Alberte Momán.


A felicidade ten rostro? 

Mª Elvira Millán e o Forxador

Lendo "Agardabamos" poema conxunto.


 Fernando da libraría Miranda

O forxador na Panificadora

O pasado venres tiven a oportunidade de participar, xunto con compañeiros da Porta Verde, nun acto a prol da PANIFICADORA organizado por ENTREMOS NA PANIFICADORA, no que se debateu sobre o tema e léronse poemas pertencentes ao libro "AS VOCES DO PAN".




O Forxador e Uxio de Entremos na Panificadora

Uxio en acción

lunes, 1 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN II

Eu non rindo falsa adoración

as grandes plumas
nin me adscribo a movementos
que me impulsen

non preciso de atallos
nin que sonoras voces me pronuncien

coñezo o límite dos meus ollos
e a forza do meu verbo

sosteño os meus soños cos beizos
e as miñas mans co vento

É por isto
que non mendigo sustento
nin arrolo un triste retrinco de papel
no meu corpo de neno

son libre mensaxeiro
dos meus versos

defensor do noso
asasino do ego

forxador do meu tempo

Amei!

Amei!


Seica teño que pedir perdón por iso
porque amei con loucura con forza
con medo
as veces
              incluso con tristeza

porque amei, ti erixes barreiras ao meu sorriso
construíndo adxectivos que tentan ofender
sen conseguilo

Amei!

dende os meus ollos
                  os meus beizos
e máis abaixo

Porque amei, ti loitas por escribir o meu nome do revés
nese adival mentireiro que tenta aforcar
sen conseguilo.

Amei!

INVERNO

As noites foron caendo o chan
cheas de medo
agardando cos seus pequenos ollos
                                    fundidos
que alguén as recollera

foron caendo de paseniño
xunto coas lembranzas
e os soños perdidos

foron caendo…

a ese chan de enchida perda simulada
que chamarei inverno