miércoles, 30 de diciembre de 2009

Os días son xinetes alados de reloxos afiados,
e o esquecemento o inimigo
neste tempo de andar apresurado...

Co 2010 vos encha a ialma de poesía.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

POEMARIOS ANO 2010



Portada do libro inédito: Memorias da cidade escura


Portada Poemas Mieróticos



Contraportada do libro inédito: Sete máis Siete



Portada do libro inédito: Sete máis Siete

jueves, 3 de diciembre de 2009

PANIFICADORA

Podo e quero...

Pedirlle un fondo perdón
Ao orballo que beixa as túas pedras
Na noite esgallada polas sombras
Interiores que ameazan a miña razón.
Fuxir ao cabalo do vento
Igoal que foxen o resto
Coas vísceras asolagadas dun licor presto
Acadando na morte o meu sustento.
Daquela, teu nome será lembranza
Obelisco o teu cadaleito desfeito,
Recordo baleiro de esperanza
Adival debuxado no meu teito.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

AOS PÉS DA PANIFICADORA

AOS PÉS DA PANIFICADORA


Esquece…

Esquece…


voces brúan na noite esgallada

co rechouchío dunha estrela aboiada,

lembrando que non resta barileza

na pedra que esmorece,

no lugar onde a indiferencia

atopa o seu berce.


Esquece…

Esquece…


aos meus ollos eivados

sopran os soños arelados

e eu,


debruzado baixo o teu perfil debuxado

atópome ó resío

apouvigando o laído egrexio

que arrólame nun forte apreixo

transformándome nun verme

Que


Esquece…

Esquece…

ao teu ser adoecido

polo tempo mal levado,

pola carraxe esborrallada

e o azo perdido.

E busco no meu ser un aloumiño

co que espertar a muxica case cega

nesta cidade negra que nega

a túa alma o seu sitio.


Esquece…

Esquece…


o ecoar das voces gurran de min

neste infindo estourar de silenzos falados,

e eu,


baixo o aballoar crecente

belisco a miña conciencia

chea de carriza quente.

Funga o vento!

Brúa o mar embravecido!

nos meus beizos caídos,

e aínda son quen de escoitar

o latexo que abrolla no amencer

cinguido o rechouchío das túas pedras cansas.


Esquece…

Esquece…

E as voces van caendo

como estrelas na noite

no aballoar presente,


e as miñas mans loitan

por manterte con vida

nesta cidade atafegada

por tanta mentira vertida,

e que o cabo

sempre termina esquecendo

a miña verba luída.


Esquece…

Esquece…












AS VOCES DO PAN