"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
jueves, 16 de diciembre de 2010
miércoles, 15 de diciembre de 2010
Fragmento do Poema dunha noite de outono
Néboas habitan tristes
no berce do teu silencio
e podo ollar no seu chan as pegadas
que ei seguir en procesión cadenciosa
Outono! – berro erguido
e outra folla bica os teus pés no cemiterio,
xa non quero máis versos…
quero quedar soio
no noso silencio cómplice
ollando esas néboas que habitan tristes
e no chan, as pegadas dos meus pés
no corpo do cemiterio
Miguel Ángel
no berce do teu silencio
e podo ollar no seu chan as pegadas
que ei seguir en procesión cadenciosa
Outono! – berro erguido
e outra folla bica os teus pés no cemiterio,
xa non quero máis versos…
quero quedar soio
no noso silencio cómplice
ollando esas néboas que habitan tristes
e no chan, as pegadas dos meus pés
no corpo do cemiterio
Miguel Ángel
Limiar de "NEVE" de Lucía Novas
Os mirtos, os neboeiros,
as neviscas arduas, os traballos da terra,
as tempestades difíciles.
Óllase a desolación
dende os rebos da tarde,
os hedrais do pasado, as premonicións
encarnadas,
os fulgores de incenso, o ébano ardente.
A auga discorre
por un xogo de estanques
abandonados.
Cae devagar
a neve.
as neviscas arduas, os traballos da terra,
as tempestades difíciles.
Óllase a desolación
dende os rebos da tarde,
os hedrais do pasado, as premonicións
encarnadas,
os fulgores de incenso, o ébano ardente.
A auga discorre
por un xogo de estanques
abandonados.
Cae devagar
a neve.
martes, 14 de diciembre de 2010
o premiado
o protagonista dun conto de medo
ainda por fiar
o protagonista dunha novela de terror
ainda por escribir
o premiado
un cachorro un visitador
cecais un perro de presa
ou un chivo de festa
o gran antinacionalista
con dobre nacionalidade
premio
unha boca grande un bocazas
da palabra un artista e profesional
un oportunista un premiado
un mercenario da palabra do capital
O cronista
Manolo pipas
ainda por fiar
o protagonista dunha novela de terror
ainda por escribir
o premiado
un cachorro un visitador
cecais un perro de presa
ou un chivo de festa
o gran antinacionalista
con dobre nacionalidade
premio
unha boca grande un bocazas
da palabra un artista e profesional
un oportunista un premiado
un mercenario da palabra do capital
O cronista
Manolo pipas
Regreso a Mexico
este pais dos mexicas
indixenas e mestizos chaparros
as mulleres e os homes do millo
as montañas e o altiplano
que fago outra vez aquí
xa non busco nada perdido
veño ver unhas amistades
que non me poden visitar a min
volto mais polo afectivo
que pola loita que hai anos
me trouxo por primeira vez aquí
pero na resistencia seguimos
mulleres e homes do maiz
mesoamerica amiga
onde vai o teu camiño
Manolo pipas
indixenas e mestizos chaparros
as mulleres e os homes do millo
as montañas e o altiplano
que fago outra vez aquí
xa non busco nada perdido
veño ver unhas amistades
que non me poden visitar a min
volto mais polo afectivo
que pola loita que hai anos
me trouxo por primeira vez aquí
pero na resistencia seguimos
mulleres e homes do maiz
mesoamerica amiga
onde vai o teu camiño
Manolo pipas
lunes, 13 de diciembre de 2010
EU - TI (Poema de Asun Estévez pertencente a NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS..).
TI
Mírasme!
E agroman lúas nos meus ollos.
Tócasme!
E esfiáñase o meu talle entre os teus dedos.
Ólesme!
E adéntraste nas ondas da miña boca.
Ámasme!
Apodéranse as sensacións,
transfórmanse as sombras!
...........................................................
EU
Mírote!
E desfanse as marusías
na doce espera da túa illa.
Entrégome!
E disfrázanse as cunchas
nunha madrugada de escuma.
Síntote!
E escorregan os corais
entre os plisares das ondas.
Posúote!
E disólvense os meus dedos
na area do teu corpo.
Mírasme!
E agroman lúas nos meus ollos.
Tócasme!
E esfiáñase o meu talle entre os teus dedos.
Ólesme!
E adéntraste nas ondas da miña boca.
Ámasme!
Apodéranse as sensacións,
transfórmanse as sombras!
...........................................................
EU
Mírote!
E desfanse as marusías
na doce espera da túa illa.
Entrégome!
E disfrázanse as cunchas
nunha madrugada de escuma.
Síntote!
E escorregan os corais
entre os plisares das ondas.
Posúote!
E disólvense os meus dedos
na area do teu corpo.
domingo, 12 de diciembre de 2010
Presentación "NEVE" - Lucía Novas - Bueu
A marabillosa Lucía Novas
Un intre da presentación de "NEVE"
Entre os asistentes ao acto recoñecemos a Ana Romero, María e ás tamén poetisas Asun Estévez e Alba Méndez. Agochado atópanse os meus queridos amigos e poetas Alberte Momán e Fonso Láuzara.
EU - TI
Asun Estévez e o forxador nun intre de ledicia compartida
Lucía Novas e un compañeiro na palabra
Fernando Miranda sempre ben acompañado
Fonso Láuzara agardando o seu momento
Compartindo soños
Lucía segue no seu... firmando esa xoia en forma de poemario
"NEVE"
jueves, 9 de diciembre de 2010
O PASADO DÍA 28 NOVEMBRO EN BUEU - NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS...
O pasado domingo día 28 de novembro tiven a sorte de asistir e participar na presentación do libro de Asun Estévez, "NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS", nun acto que contou coa presenza de Bieito Ledo (Fundador da editorial Ir Indo), Féliz Juncal (Alcalde de Bueu), Laura Ogando (Concelleira de Igualdade), Antía Cal (Fundadora escola Rosalía de Castro) , Estela Martínez e Alex Lorenzo nas guitarras.
Asun Estévez e Bieito Ledo
O forxador e Asun Estévez acompañados por Estela e Alex
Asun Estévez
Antía Cal recitando coa súa fermosa voz un poema de Asun
Fernando -librería Miranda- e o forxador
Estela Martínez co forxador
Dous bos: Alex Lorenzo e un servidor
Saíndo a escena
Asun falando bondades sobre min. Quéreme ben!
Antía Cal
Portada do libro: "NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS"
lunes, 29 de noviembre de 2010
PRESENTACIÓN NO GAIOSO - MONTEALTO - A CORUÑA
Tiven a sorte de compartir tempo e espazo cun grupo entrañábel de amigos da poesía, da conversa... nun acto moi familiar no que léronse textos tanto do libro "Sétimo andar, poesía alén" como outros.
Quentando motores
0 forxador cun novo amigo de fluida voz e verbo amábel chamado Félix
Cos meus amigos Fonso e Encarna
Iolanda e o forxador. Maravillosa a interpretación de Iolanda do poema títulado:
Quen é o tempo?
Fonso e Iolanda, dúas boas persoas
lunes, 22 de noviembre de 2010
ENTREGA DE PREMIOS RELATOS CIENCIA QUE CONTA 2010
O meu relato titulado: “Nota do autor: prégase ler este relato cos ollos pechados” acadou o segundo premio.
Fermosa e diferente tarde a vivida xunto cos amigos de ciencia que conta. Animo a todos a participar en iniciativas como esta, que achegan aos máis novos a coñecemento científico dun xeito divertido e didáctico.
http://cienciaqueconta.wordpress.com/
sábado, 20 de noviembre de 2010
HOMENAXE A SARAMAGO
José Saramago cumpriría hoxe 88 anos. Parabéns e grazas por todo, o que nos diches e o que nos deixaches... tesouros todos!!!
Há na memória um rio onde navegam
os barcos da infância, em arcadas
de ramos inquietos que despregam
sobre as águas as folhas recurvadas.
Há um bater de remos compassado
no silêncio da lisa madrugada,
ondas brancas se afastam para o lado
com o rumor da seda amarrotada.
Há um nascer do sol no sítio exacto,
a hora que mais conta duma vida,
um acordar dos olhos e do tacto,
um ansiar de sede inextinguida.
Há um retrato de água e de quebranto
que do fundo rompeu desta memória,
e tudo quanto é rio abre no canto
que conta do retrato a velha história.
Violeta Suárez Araúxo
lunes, 15 de noviembre de 2010
PRESENTACIÓN LA LIBRARÍA COUCEIRO EN COMPOSTELA
Teño a enorme sorte de poder chama-los amigos: Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Fonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Mariola e un forxador.
(Faltou por motivos de saúde a fermosa voz de Mariola).
Máis fotos da presentación no seguinte enlace:
http://aportaverde.blogspot.com/2010/11/presentacion-do-libro-en-compostela.html
(Faltou por motivos de saúde a fermosa voz de Mariola).
Máis fotos da presentación no seguinte enlace:
http://aportaverde.blogspot.com/2010/11/presentacion-do-libro-en-compostela.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)