jueves, 16 de diciembre de 2010

ACTO A PROL DA PANIFICADORA

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Fragmento do Poema dunha noite de outono

Néboas habitan tristes



no berce do teu silencio


e podo ollar no seu chan as pegadas


que ei seguir en procesión cadenciosa



Outono! – berro erguido


e outra folla bica os teus pés no cemiterio,


xa non quero máis versos…




quero quedar soio


no noso silencio cómplice


ollando esas néboas que habitan tristes


e no chan, as pegadas dos meus pés


no corpo do cemiterio


Miguel Ángel

Limiar de "NEVE" de Lucía Novas

Os mirtos, os neboeiros,
as neviscas arduas, os traballos da terra,
as tempestades difíciles.

Óllase a desolación
dende os rebos da tarde,
os hedrais do pasado, as premonicións
encarnadas,
os fulgores de incenso, o ébano ardente.

A auga discorre
por un xogo de estanques
abandonados.

Cae devagar
a neve.

martes, 14 de diciembre de 2010

o premiado

o protagonista dun conto de medo


ainda por fiar

o protagonista dunha novela de terror

ainda por escribir

o premiado



un cachorro un visitador

cecais un perro de presa

ou un chivo de festa


o gran antinacionalista

con dobre nacionalidade

premio


unha boca grande un bocazas

da palabra un artista e profesional

un oportunista un premiado

un mercenario da palabra do capital



O cronista
Manolo pipas

Regreso a Mexico

este pais dos mexicas


indixenas e mestizos chaparros

as mulleres e os homes do millo

as montañas e o altiplano


que fago outra vez aquí

xa non busco nada perdido

veño ver unhas amistades

que non me poden visitar a min

volto mais polo afectivo

que pola loita que hai anos

me trouxo por primeira vez aquí

pero na resistencia seguimos


mulleres e homes do maiz

mesoamerica amiga

onde vai o teu camiño


Manolo pipas

lunes, 13 de diciembre de 2010

EU - TI (Poema de Asun Estévez pertencente a NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS..).

TI



Mírasme!

E agroman lúas nos meus ollos.


Tócasme!

E esfiáñase o meu talle entre os teus dedos.



Ólesme!

E adéntraste nas ondas da miña boca.



Ámasme!

Apodéranse as sensacións,

transfórmanse as sombras!

...........................................................

EU



Mírote!

E desfanse as marusías

na doce espera da túa illa.


Entrégome!

E disfrázanse as cunchas

nunha madrugada de escuma.


Síntote!

E escorregan os corais

entre os plisares das ondas.


Posúote!

E disólvense os meus dedos

na area do teu corpo.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Pegadas de soidade

deixan no meu corpo

a tristeza do outono,

pequenas follas de silencio

constrúen arbores de néboas

luídas

Presentación "NEVE" - Lucía Novas - Bueu


A marabillosa Lucía Novas


Un intre da presentación de "NEVE"


Entre os asistentes ao acto recoñecemos a Ana Romero, María e ás tamén poetisas Asun Estévez e Alba Méndez. Agochado atópanse os meus queridos amigos e poetas Alberte Momán e Fonso Láuzara.


EU -  TI
Asun Estévez e o forxador nun intre de ledicia compartida 


Lucía Novas e un compañeiro na palabra


Fernando Miranda sempre ben acompañado


Fonso Láuzara agardando o seu momento


Compartindo soños


Lucía segue no seu... firmando esa xoia en forma de poemario
"NEVE"
De pedra e verde


teño os meus verdes ollos

ateigados

de verde pedra

teño os soños

agochados



e un pequeno río

corre, bica e fuxe

do poeta

que silandeiramente

continua amando



a esta terra que tanto doe

a esta dor que estou cantando.

jueves, 9 de diciembre de 2010

O PASADO DÍA 28 NOVEMBRO EN BUEU - NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS...

O pasado domingo día 28 de novembro tiven a sorte de asistir e participar na presentación do libro de Asun Estévez, "NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS", nun acto que contou coa presenza de Bieito Ledo (Fundador da editorial Ir Indo), Féliz Juncal (Alcalde de Bueu), Laura Ogando (Concelleira de Igualdade), Antía Cal (Fundadora escola Rosalía de Castro) , Estela Martínez e Alex Lorenzo nas guitarras.


Asun Estévez e Bieito Ledo

 O forxador e Asun Estévez acompañados por Estela e Alex


Asun Estévez


Antía Cal recitando coa súa fermosa voz un poema de Asun



Fernando -librería Miranda- e o forxador



Estela Martínez co forxador


Dous bos: Alex Lorenzo e un servidor



Saíndo a escena



Asun falando bondades sobre min. Quéreme ben!



Antía Cal


Portada do libro: "NOITES, AMENCERES E ALGO MÁIS"