"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
lunes, 30 de abril de 2012
domingo, 29 de abril de 2012
O CULLARAPO CROQUE NO EEI MONTE DA GUIA
o forxador cos marcapáxinas feitos polas marabillosas
profesoras do MONTE DA GUÍA
Cartaz da entrada
Con libriño
María e Elena representando o conto de
SABELA
viernes, 27 de abril de 2012
ANTE JOHN LENNON, MÚSICO-POETA
ASASINADO EN MANHATTAN
Escacharei a copa da queimada contra
da foto vil dese asasino Chapman.
E escoitarei os cantos teus,
John Lennon,
que os sete tiros tolos non abafan.
E acenderei un lume meu por dentro.
Contra a túa morte acenderei a rabia.
E escoitaremos cantos teus,
John Lennon,
e vibrarás
poeta,
en novas chamas.
Non vou querer doce licor nos labios,
si o estupor das aves en Manhattan,
dos soños dos meniños despertados
agremente en Nova York coa alba,
da dor de Yoko Ono,
dos amigos,
de Liverpool,
de Belfast,
das rapazas,
das xentes ledas que a cidade oprime,
co teu cantar un día liberadas.
Escoitaremos cantos teus,
John Lennon,
que a envexa en sete tiros non escacha.
II
Por Lennon e os poetas que a tolice
do mundo está matando,
en pé.
Calade.
Bebede.
Unha lembranza.
E, en silencio,
ollade o mar aberto, as amplas rotas
dos soños e as gaivotas non cazadas
cos ollos como croios
secos,
secos,
duros,
igual que barcos que andan sempre avante.
Nós non choramos
porque xa sabemos
que é inútil,
que é moi tarde.
Nós non choramos, Pero, tristes somos
caracolas tiradas rente ao mar, á escoita
dunha música interna que fabrica
lentamente, entre ruídos, praias suaves,
a furna dos tesouros
por días e por noites,
para a alba
que ha de estoupar en cor,
luz,
luz,
son,
verdade.
Gardade un gran silencio. Hoxe as guitarras,
en memoria de Lennon e outros moitos
poetas e cantantes,
han de imitar o son do mar máis agre.BERNARDINO GRAÑA
O ATENEO FERROLÁN, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE, organiza coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ferrol un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.
http://www.ateneoferrolan.org/images/stories/descargas/BasesCFMA2012.pdf
domingo, 22 de abril de 2012
V Edición do
concurso de conto ilustrado "A conquista da illa marabillosa",
organizado por librería infantil e xuvenil Zampacontos, Ourense. 988 24 04 70.
BASES:
1. Poderánse presentar ao concurso tódolos nen@s con
idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.
2. Co gallo de fomentar o uso do Galego entre os máis
novos Zampacontos recomenda empregar o uso do idioma Galego, existindo tamén a
posibilidade de que as obras remitidas poidan estar expresadas en calquer outro
idioma.
3. Os autores entregarán persoalmente o seu conto
ilustrado, na librería infantil e xuvenil Zampacontos ou enviándoo ao seguinte enderezo:
Librería Infantil e Xuvenil Zampacontos
Rúa Santo Domingo. Galerías
Sol. Nº 39. Local 21. 32003. OURENSE.
4. Só se poderá presentar un conto ilustrado por nen@.
5. Os centros de ensino que queiran participar poderán
presentar únicamente unha obra por aula.
6. As obras estarán asinadas únicamente cun pseudónimo.
Tódalas obras deberánse entregar dentro dun sobre grande no que figure o pseudónimo
e nun sobre máis pequeno, tamén con pseudónimo incluirase unha folla co nome e
apelidos do nen@, ou aula, idade,
enderezo e un teléfono de contacto. Aquelas obras que
carezan de pseudónimo en algún dos sobres serán excluídas do concurso.
8. Os nenos terán total liberdade para dotar de contido
ao conto que pode ter ilustracións e texto escrito ou só ilustracións.
9. Admítense tanto versións de contos coma historias
inéditas.
Non se poderán presentar obras premiadas en concursos
anteriores.
10. O prazo
para presentar as obras remata o VENRES 18 DE MAIO, ás 20 h. .
Poderánse aplicar diferentes técnicas: collage,
fotografía, acuarelas, ceras…
12. O xurado estará composto por diferentes persoalidades
do mundo da cultura e o libro.
13. Estableceránse catro premios que terán como agasallo
un lote de libros cada un. Os premios diferenciarán as distintas idades dos participantes,
deste xeito haberá dous premios que comprenderán a franxa de idade de 5 a 7 anos, e outros dous para
as idades de 8 a
12. A decisión
do xurado e a posterior entrega de
premios será o VENRES 25 DE MAIO, ÁS 18.30 H.
14. As obras premiadas pasarán a formar parte do arquivo
de Zampacontos podendo ser editadas baixo a autorización do autor/autores. As
non premiadas poderánse recoller en Zampacontos a partir do día 26 de maio
habendo un prazo máximo dun mes para
recollelas. Unha vez rematado o prazo máximo, as obras
non recollidas reciclaranse.
jueves, 19 de abril de 2012
brincadeira cullarapa
brinca brinca o cullarapo
entre imaxes e palabras
brinca croque e brinca o gato
nunha cullarapa danza
brinca cullarapo brinca
entre a charca e as estrelas
brinca tamen a xoaniña
como brinca esta parella
brinca o tempo e a serea
entre imaxes e palabras
brinca o croque coa sabela
nesta terra cullarapa
manolo pipas
para miguel e luz
polos poemas e debuxos
do cullarapo croque
entre imaxes e palabras
brinca croque e brinca o gato
nunha cullarapa danza
brinca cullarapo brinca
entre a charca e as estrelas
brinca tamen a xoaniña
como brinca esta parella
brinca o tempo e a serea
entre imaxes e palabras
brinca o croque coa sabela
nesta terra cullarapa
manolo pipas
para miguel e luz
polos poemas e debuxos
do cullarapo croque
sábado, 14 de abril de 2012
jueves, 12 de abril de 2012
lunes, 9 de abril de 2012
Lois Pereiro -que é Galicia?
A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz.
B. Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Bordo do Bosque omnipresente.
C. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.
D. Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)
E. Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e cara á Enfermidade, e sempre cara ao Eterno Extrañamento do Espírito.

F. Fogo de Fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá...
G. Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemir das Gaitas, e no carácter esa amable presenza da Graxa.
H. Historia: Herbicida o esquecemento. A Humidade, o "Horror vacui" e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo. Nosa Herdade adestrada na fuxida, coa sabedoría das feridas vellas, por nosas propias mans soamente vencidos.
I. Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.
J. Son oriental. Rotundidade sureña.
K. Kilowatios por terra mergullada.
L. Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.
M. Lega Mortos o Misterio da Música, pero o Miño vaise levando ese Misterio ao Mar.
N. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.
Ñ. Nh/ gn/ ñ.
O. Oeste: "Galicia atende e obedece á chamada do Oeste" (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Esquecemento crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo apracible o destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa.
P. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.
Q. Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?
R. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. As Risas xorden sempre onde Reina a calma, na quietud profunda de quen coñece o Risco e domínao. Rural: corre sangue Rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, recoñécese o galego na terra, na lenta vitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.
S. O Son da Soidade e o Silencio. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, o Sil a súa Sombra. Serenos e Sombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto.
T. Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.
U. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.
V. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por detrás: Verde.
W. Whisky: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius?.
X. 25 de Xullo.
Y. e
Z. Fin

viernes, 6 de abril de 2012
O CULLARAPO CROQUE chega ás librarías!
GRAZAS A TODOS POLO VOSO APOIO
EN BREVE OS VOSOS NOMES
APARECERAN NO BLOG
"Sen vós só habería silencio"
O nº5 dos cadernos Q DE VIAN "O Cullarapo Croque"
nas seguintes librarías:
Libraría MIRANDA en Bueu
Rua Pazos Fontenla, 35 36930 Bueu
Libraría O PONTILLÓN en Moaña
Rúa Concepción Arenal, 7 36959 Moaña
Libraría AIRA DAS LETRAS en Allariz
Rúa Emilia Pardo Bazán
Libraría CARTABÓN en Vigo
Rúa Urzaiz, 125, baixo 36205 Vigo, Spain
Libraría ANDEL en Vigo
Rúa Pintor Lugris, 10 36211 Vigo
Libraría infantil ZAMPACONTOS
Rúa de Santo Domingo
Galerías Sol. Local 21
Ourense
Libraría infantil ZAMPACONTOS
Rúa de Santo Domingo
Galerías Sol. Local 21
Ourense
Suscribirse a:
Entradas (Atom)