lunes, 15 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN LA LIBRARÍA COUCEIRO EN COMPOSTELA

Teño a enorme sorte de poder chama-los amigos: Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Fonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Mariola e un forxador.

(Faltou por motivos de saúde a fermosa voz de Mariola).














Máis fotos da presentación no seguinte enlace:

http://aportaverde.blogspot.com/2010/11/presentacion-do-libro-en-compostela.html

viernes, 12 de noviembre de 2010

a porta e o andar

12 novembro, 2010
Manolo Pipas

a porta verde setimo andar

presenta o seu segundo libro
os versos destas nove voces
resistentes creadores en galego
traballadoras da palabra e do ritmo
amigos e compañeiras de filo-cafés

verde a porta a terra e a lingua
enerxica e comunitaria proposta
reveldes olladas e sentires
do setimo andar da poesia
entregada nos vosos espacios

setimo andar poesia alén
en vigo presentado na cova dos ratos
tempo despois en espinho e o porto
i de regreso os poemas na ria
moaña foi a nosa nova palestra
organizada na quintela entre libros

a porta verde o setimo andar
navega coa sua poesia alén
debullando historias por bueu
ai compostela que agora agarda
ritmo e palabra en nove voces


o cronista



setimo andar poesia alen
libro do espacio a porta verde
será presentado na libraria couceiro
este sabado 13 as doce e media
da mañan compostelana






jueves, 11 de noviembre de 2010

A porta verde en Bueu na presentación do libro "SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN"

O Forxador, Alba Méndez, Alfonso Láuzara, Manolo Pipas e Alberte Momán.


A felicidade ten rostro? 

Mª Elvira Millán e o Forxador

Lendo "Agardabamos" poema conxunto.


 Fernando da libraría Miranda

O forxador na Panificadora

O pasado venres tiven a oportunidade de participar, xunto con compañeiros da Porta Verde, nun acto a prol da PANIFICADORA organizado por ENTREMOS NA PANIFICADORA, no que se debateu sobre o tema e léronse poemas pertencentes ao libro "AS VOCES DO PAN".




O Forxador e Uxio de Entremos na Panificadora

Uxio en acción

lunes, 1 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN II

Eu non rindo falsa adoración

as grandes plumas
nin me adscribo a movementos
que me impulsen

non preciso de atallos
nin que sonoras voces me pronuncien

coñezo o límite dos meus ollos
e a forza do meu verbo

sosteño os meus soños cos beizos
e as miñas mans co vento

É por isto
que non mendigo sustento
nin arrolo un triste retrinco de papel
no meu corpo de neno

son libre mensaxeiro
dos meus versos

defensor do noso
asasino do ego

forxador do meu tempo

Amei!

Amei!


Seica teño que pedir perdón por iso
porque amei con loucura con forza
con medo
as veces
              incluso con tristeza

porque amei, ti erixes barreiras ao meu sorriso
construíndo adxectivos que tentan ofender
sen conseguilo

Amei!

dende os meus ollos
                  os meus beizos
e máis abaixo

Porque amei, ti loitas por escribir o meu nome do revés
nese adival mentireiro que tenta aforcar
sen conseguilo.

Amei!

INVERNO

As noites foron caendo o chan
cheas de medo
agardando cos seus pequenos ollos
                                    fundidos
que alguén as recollera

foron caendo de paseniño
xunto coas lembranzas
e os soños perdidos

foron caendo…

a ese chan de enchida perda simulada
que chamarei inverno

domingo, 31 de octubre de 2010

NANAS DE LA CEBOLLA

( Dedicadas a su hijo, a raíz de recibir una carta de su mujer,
en la que le decía que no comía más que pan: y cebolla)
.
La cebolla es escarcha
cerrada y pobre.
Escarcha de tus días
y de mis noches.
Hambre y cebolla,
hielo negro y escarcha
grande y redonda.
.
En la cuna del hambre
mi niño estaba.
Con sangre de cebolla
se amamantaba.
Pero tu sangre,
escarchada de azúcar,
cebolla y hambre.
.
Una mujer morena
resuelta en luna
se derrama hilo a hilo
sobre la cuna.
Ríete, niño,
que te traigo la luna
cuando es preciso.
.
Alondra de mi casa,
ríete mucho.
Es tu risa en tus ojos
la luz del mundo.
Ríete tanto
que mi alma al oírte
bata el espacio.
.
Tu risa me hace libre,
me pone alas.
Soledades me quita,
cárcel me arranca.
Boca que vuela,
corazón que en tus labios
relampaguea.
.
Es tu risa la espada
más victoriosa,
vencedor de las flores
y las alondras
Rival del sol.
Porvenir de mis huesos
y de mi amor.
.
La carne aleteante,
súbito el párpado,
el vivir como nunca
coloreado.
¡Cuánto jilguero
se remonta, aletea,
desde tu cuerpo!
.
Desperté de ser niño:
nunca despiertes.
Triste llevo la boca:
ríete siempre.
Siempre en la cuna,
defendiendo la risa
pluma por pluma.
.
Ser de vuelo tan lato,
tan extendido,
que tu carne es el cielo
recién nacido.
¡Si yo pudiera
remontarme al origen
de tu carrera!
.
Al octavo mes ríes
con cinco azahares.
Con cinco diminutas
ferocidades.
Con cinco dientes
como cinco jazmines
adolescentes.
.
Frontera de los besos
serán mañana,
cuando en la dentadura
sientas un arma.
Sientas un fuego
correr dientes abajo
buscando el centro.
.
Vuela niño en la doble
luna del pecho:
él, triste de cebolla,
tú, satisfecho.
No te derrumbes.
No sepas lo que pasa ni
lo que ocurre.

MIGUEL HERNÁNDEZ

lunes, 25 de octubre de 2010



SUMARIO ATENEA 39

EDITORIAL
Editorial

BIBLIOTECA - HEMEROTECA
Cousas da Biblioteca – Hemeroteca

BREVES
Lotería Nadal
Horario
Premio Murguía
Asóciate
Campaña “Aulas en galego”

ARTIGOS
“A sociedade e a economía do Ferrol semiurbano do século XVI” por Ana Martín García
“Pequenas historias dunha gran comarca: Ferrolterra por Ana Martín García
“Ferrol. Festas, fastos e nefastos” por Juan J. Burgoa.
“O direito à folga nom existe” por Lupe Ces
“Na sombra íntima de Uxío Novoneyra (II) por Rosa Méndez

PROGRAMACIÓN
PROGRAMACIÓN OUTUBRO – NOVEMBRO – DECEMBRO 2010

MULLER
“Unha loita incesante contra a violencia machista” – Marcha Mundial das Mulleres

O PARNASO

MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ
JORGE MIGUEL GAGO CHAO


CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
María Xosé Villar Corral

DESEÑO, MAQUETACIÓN e ILUSTRACIÓNS
Cocinanegra

COLABORACIÓNS:
Ana Martín García, Juan J. Burgoa, Lupe Ces, Rosa Méndez Fonte, Miguel Angel Alonso Diz, Jorge Miguel Gago Chao.

O vindeiro venres, día 29 de outubro terá lugar na Cova dos ratos un acto a prol da Panificadora ao que vos convidamos a asistir.


- 21:00. Apertura. Reparto do Manifesto de Entremos

- 21:15. Poema: "As voces do pan" da "Porta Verde do Sétimo Andar"

- 21:30. Documental: "Panificadora" de Miriam do Roxo

- 21.45. Charla: "A Panificadora na Encrucillada"


- 1. O Concello de Vigo e a Panificadora.

- 2. A sociedade viguesa e a Panificadora: as revindicacións sociais da Panificadora.

- 3. O Concello de Vigo e o Patrimonio Industrial

- 4. Propostas de reutilización



- 22:30 Debate: "Xeitos de entrar na Panificadora"

- 23:00 Empanada e conclusión.

sábado, 23 de octubre de 2010

PRESENTACIÓN DO LIBRO DA PORTA VERDE "SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN" EN MOAÑA

MÁXICA noite a vivida en Moaña, nunha biblioteca "Quintela" chea, escoitaronse as voces dos autores deste fermoso libro de poesía.

Agradecer a xente de Moaña a súa presencia e atención, ademais da súa implicación coa nosa cultura. Un bico para todas esas mulleres que asemellan estar esculpidas polo mesmo mar...

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/10/23/nueva-poesia-gallega-cita-moana/483913.html











sábado, 16 de octubre de 2010


Caeron as túas mans


sobre o meu corpo espido

e unha neboeira de dubidas

xurdiron do meu ventre



...o ceo tornou en canto

e un paxaro invisíbel

sucou a miña pel medorenta



sentín a túa chamada

e o cabo souben teu nome…



Violeta!
 
 
 
A miña amiga Violeta Suárez Araúxo, cuia foto inspiroume estes versos...

lunes, 11 de octubre de 2010

Xoguemos

Xoguemos coma nenos na noite


que esbara o seu nome

polos corpos outrora celestes

da madrugada.



Xoguemos coma principiantes

que descobren o sol

na triste lúa que se agocha

na escuridade da ialma...



xoguemos até que as campás

do derradeiro viaxe

reclamen o silenzo,

xoguemos...



porque nestes xogos atoparemos

os beixos durmidos

as caricias luídas

as olladas calmas

a min... a ti... a nosa vida

aos nosos fillos...



XOGUEMOS!!!

 
 
Elvira Millán e Miguel Ángel Alonso

viernes, 8 de octubre de 2010

FILO - CAFÉ RES PUBLICA/RES PRIVADA (PORTO) E PRESENTACIÓN EN ESPINHO

FILO CAFÉ -  RES PUBLICA / RES PRIVADA

17:00 EN ESPINHO
PRESENTACIÓN DO LIBRO COLECTIVO

lunes, 27 de septiembre de 2010

A PORTA VERDE EN VIGO - SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN -

FOTOS DA PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DE A PORTA VERDE 

"SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN"

Fonso, Pipas, Miguel, Esther, Alba, Ramiro, Ana, Rosa e Alberte.

Ramiro Vidal e Ana Cibeira

Esther

Esther, Miguel Ángel e Manoli

Ana, Fonso, Alberte e un admirador deles... eu

ROSA ENRÍQUEZ e un forxador

sábado, 11 de septiembre de 2010

REFLEXIÓN DO DÍA E DA NOITE

Un trazo característico dos réximes fascistas e a supresión dos símbolos democráticos  e a súa suplantación polos seus propios.



Ante isto, eu berro un NON forte e decidido.


"A memoria dun colectivo non debe ser borrada. O pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila".

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Agardabamos

Agardaba a luz nacer

baixo aquel carballo tristeiro...

agardaba o vento mareiro
a quentura do sal na pel...

agardaban os meus ollos o tacto dos teus
nun instante asolado pola negrura dunha noite apiques de esmorecer…


eramos dúas cunchas que agardaban, húmidas,
o derradeiro amencer,
un xunto o outro
sen saber que dizer…


e a noite fíxose día
e o día chegou sen mergullo,
e a humidade trocouse en bagoas afogadas
pola dor do final…


todo isto… mentres agardabamos
ver nacer a luz
baixo aquel carballo tristeiro


todo isto… mentres agardabamos
que o vento mareiro
sentira a quentura do sal na pel


agardabamos



Elvira Millán e Miguel Ángel Alonso

viernes, 20 de agosto de 2010

Xa están aquiiiiiii!!!!



"Sétimo andar, poesía alén"


en Galicia Hoxe!


A Porta Verde do Sétimo Andar edita o seu segundo libro

miércoles, 18 de agosto de 2010

NOVO LIBRO DE A PORTA VERDE




Con portada de Roberto Alonso Diz e a participación de Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, Mariola Soutelo, Manolo Pipas, Ramiro Vidal e eu mesmo, chega á imprenta a segunda entrega da modesta aportación do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar á literatura galega.

Un novo libro colectivo de poemas, baixo o título de Sétimo Andar, Poesía Alén.


Trazo un zero infinitum no teu corpo
e pode que morra no proceso
                                                          seino

mais está na natureza deste animal finxido

que son,

deambular polas rúas dese astro
que ten o teu Nome no seu ventre novo
case recen creado
                                                   e inda así…

tan familiar,


e é por todo isto e máis

que trazo un zero infinitum na túa pel
con dedos de tristeza e silencio,

sempre en silencio…

pois temo espertar ó Deus
que durme no teu interior
cos ollos abertos…

jueves, 29 de julio de 2010

Agarimas os meus dedos



co teu espido corpo


que todo o abrangue


nesta atardecida de silencios….


no que buguinas celestes


constrúen a madrugada….






Os teus ollos tecen ao meu redor


símbolos que enchen de cor


a mar que calma, agarda…


e un diminuto cangrexo debuxa


no meu sexo unha porta


de rizada ollada






os segundos non camiñan,


arrástranse…


e un peixe durmido


finxe estar morto nunha estrela


que nunca descansa.






Érguense promesas de maternidade


no teu ventre, a miña casa,


e as túas pernas asemellan ser


a mesma area fundida na auga.






Estou rendido, prendido, perdido…


mentres agarimas os meus dedos


co teu espido corpo


que todo o abrangue


nesta atardecida de silencios…






no que buguinas celestes


constrúen a madrugada.

REVISTA ATENEA Nº 38 -ESPECIAL POESÍA


SUMARIO ATENEA 38


ESPECIAL POESÍA VERÁN 2010


EDITORIAL

BIBLIOTECA - HEMEROTECA

RADIO FILISPIM

O PARNASO

 
MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

ALFONSO RODRÍGUEZ

JOSE L. DUCID

Mª XOSÉ MOSQUERA BECEIRO

OLAIA PAZOS

MIGUEL ALONSO

LUCIA SOUTO COSTOYA

XOAN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE

ARTURO LEZCANO FERNÁNDEZ

ALBERTE MOMÁN

JORGE MIGUEL GAGO CHAO

ELISA ALVES ANEIROS

ALFONSO LÁUZARA MARTÍNEZ

JUANA CORSINA GONZÁLEZ FRAGA


 
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

María Xosé Villar Corral

DESEÑO, MAQUETACIÓN e ILUSTRACIÓNS

Cocinanegra



jueves, 8 de julio de 2010

DIEGO DE GIRÁLDEZ -VIDEO OBRA-

lunes, 5 de julio de 2010

CASA MUSEO DIEGO DE GIRÁLDEZ



ODA A DIEGO DE GIRÁLDEZ



Formas… formas xogando na lareira


tentando saír dese papel de estraza

que as eleva máis ala da súa propia realidade.

Formas que transcenden a súa verdadeira

acadando significados ata a chegada da túa verba

agochados nun traxe de surrealidade.

“Un obxecto é un astro no espacio” – dixeches

e eu podo ver como este avanza amodo

polo ar, pola terra,

polo cadro tecido por esa mirada

a túa,

sempre doce e sinxela,

humildade nun pincel no que cabe toda a humanidade.

E síntome pequeno ante esa palabra que nace, berra e medra

contra esa anatomía que ti desvelas

co silencioso camiñar da herba.

E síntome pequeno, xa o dixen,

ante este ourive do mundo suspendido no tempo,

do espazo poético, do trazo ilimitado,

do verso debuxado,

co cabo termina por atraparme…

dentro do seu doce e sinxelo marco.

martes, 29 de junio de 2010



"As voces do pan" é un proxecto criado no seo do colectivo poético "A porta verde do sétimo andar". Baixo a coordinación de Miguel Ángel Alonso Diz xurdiu un proxecto aberto, o obxetivo, dar unha resposta poética a unha emerxencia cívica "Todo vai desaparecendo nun lento proceso que esgalla da propia ialma desta cidade a súa esencia.(...) Que é o que quedará de nós? Quen somos nós? Qué lle deixamos aos nosos fillos?".


Finalmente o proxecto contou coa participación de nove poetas e poetisas. O 28 novembro de 2009, nun acto que tamén se definiu como revindicativo; Miguel Ángel Alonso, Alfonso Láuzara Martínez, Rosanegra, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, Celso Alvarez Cáccamo, Alberte Móman, Lois Magariños e Manolo "Pipas"; recitaron os seus poemas ante o público do Café Uf; trece poemas que posteriormente foron editados nun poemario.

viernes, 18 de junio de 2010

XERACIÓN NADA XERACIÓN IDA!

         (unha voz)                                                                  (varias voces)

Xeración marcada                         xeración mantida!
Xeración mercada                         xeración suicida!
Xeración mutilada                         xeración durmida!
Xeración roubada                         xeración rendida!
Xeración afastada                         xeración fuxitiva!
Xeración deostada                        xeración caída!
Xeración enganada                       xeración luída!
Xeración estudada                        xeración destruída!
Xeración castrada                         xeración perdida!
Xeración cegada                           xeración adoecida!
Xeración violada                           xeración estarrecida!


Xeración ancorada neste verso lento...


Xeración de nenos                         xeración a menos!
Xeración de xogos                        xeración sen soños!


A miña xeración...

jueves, 17 de junio de 2010

PECHADOS

Pechados




enclaustrados nas sombras

incrustados nas rochas



baleirados do zume bendito



De este xeito penamos

os nosos delitos…



Vencidos inimigos

caídos, luídos



sostidos polos soños perdidos



cheos de esquecemento

e por suposto esquecidos…



condenados a vagar

cun papel durmido…



De este xeito pagamos

a nosa falta de compromiso.



Castrados, comprados,

ananas sombras

baixo un vento calmo,



orfas cunchas

linguas de trapo,



xeración de covardes

ideais de farrapo,



De este xeito mostramos

o noso rostro máis acedo.



Mentireiros de saldo

mestres da desculpa

e dos amenceres amargos



Magos da nada

e do tempo asasinado



Herdeiros dos degoiros

que outros desexaron



creadores de fume

fornicadores de barro



engaiolados nun circulo

á mercé do amo



De este xeito ficamos

absoluta e definitivamente….



Pechados.

martes, 15 de junio de 2010

TRAIZÓN E MORTE


O PEREGRINO



     



Pinchar no texto para descargar o poema


lunes, 14 de junio de 2010






Hoxe estou lonxe do mar
da súa mirada curtida
do seu amable abanicar.

Lonxe tamén da tormenta temida
dos seus negros ollos
espellos da derradeira ferida.

Lonxe tamén dos soños cegos
e das súas fráxiles cores
carrexando esquecidos tempos.

E xa non albisco amores
dende a orela esgotada
que calmen do meu corazón, os ardores.

E xa non sinto a alma cansada
espallándose entre peixes e gaivotas
de elegantes traxes e ollada enloitada.

As embarcacións son illas rotas
no ventre do invisíbel mar,
outra vida, suaves mans rotas.

Hoxe, estou lonxe do mar,
da súa mirada durmida
do seu salino abanicar.

viernes, 11 de junio de 2010


Proximamente : TRAIZÓN E MORTE

lunes, 7 de junio de 2010




Teño no meu interior
un verme que loita
por esgallar do meu leito
a súa esencia.

E loito, loito
polas viuvas virxes
de ollada tristeira

loito para que ese verme
do meu ventre desapareza
e ó cabo non termine
por converterme nunha fría estatua cega.

Loito, loito polos mares
de augas rendidas e negras
que transportan no seu lombo
as palabras que a morte nega.

E rezo, rezo na bocanoite
porque ese verme me esqueza,
rezo polos soños desta terra silandeira.

Teño no meu interior un verme
que ata a lingua senlleira,
con adivais invisibles
que a razón fumega.

E loito, loito
polas fillas durmidas
que viven nas estrelas,

loito dende este cadro
que asemella ser fronteira.


Foto de: Fátima Vale

sábado, 5 de junio de 2010

Querido amigo:
hoxe é un día gris cheo de nubes cansas e tristes, no que os ollos, labrados polas bágoas asemellan silandeiras figuriñas de terra
hoxe os segundos carrexan recordos que van chegando sen permiso até o peito oprimido, e o ecoar das conversas, agora mudas por sempre, vai deixando na orela un arrecendo de esquecemento co que xuro loitar cada día...
hoxe meu querido amigo compartirás mesa na casa dos elixidos, e dende aquí, dende este ceo gris ateigado de nubes orfas envíoche un abrazo.
Seica non é un adeus amigo, senón un deica-logo.

Jose Carlos (5 xuño 2010)