domingo, 29 de abril de 2012

O CULLARAPO CROQUE NO EEI MONTE DA GUIA


o forxador cos marcapáxinas feitos polas marabillosas
profesoras do MONTE DA GUÍA


Cartaz da entrada









Con libriño





María e Elena representando o conto de
SABELA

BIBLIOTECA BERNARDINO GRAÑA , IES as Barxas

viernes, 27 de abril de 2012

BERNARDINO GRAÑA NAS BARXAS


Bernardino e Carmen cos alumnos do IES AS BARXAS



Con Bernardino e Carmen




ANTE JOHN LENNON, MÚSICO-POETA
ASASINADO EN MANHATTAN




Escacharei a copa da queimada contra
da foto vil dese asasino Chapman.

E escoitarei os cantos teus,
John Lennon,
que os sete tiros tolos non abafan.

E acenderei un lume meu por dentro.
Contra a túa morte acenderei a rabia.

E escoitaremos cantos teus,
John Lennon,
e vibrarás
poeta,
en novas chamas.

Non vou querer doce licor nos labios,
si o estupor das aves en Manhattan,
dos soños dos meniños despertados
agremente en Nova York coa alba,
da dor de Yoko Ono,
dos amigos,
de Liverpool,
de Belfast,
das rapazas,
das xentes ledas que a cidade oprime,
co teu cantar un día liberadas.

Escoitaremos cantos teus,
John Lennon,
que a envexa en sete tiros non escacha.

II

Por Lennon e os poetas que a tolice
do mundo está matando,
en pé.
Calade.
Bebede.
Unha lembranza.

E, en silencio,
ollade o mar aberto, as amplas rotas
dos soños e as gaivotas non cazadas
cos ollos como croios
secos,
duros,
igual que barcos que andan sempre avante.

Nós non choramos
porque xa sabemos
que é inútil,
que é moi tarde.

Nós non choramos, Pero, tristes somos
caracolas tiradas rente ao mar, á escoita
dunha música interna que fabrica
lentamente, entre ruídos, praias suaves,
a furna dos tesouros
por días e por noites,
para a alba
que ha de estoupar en cor,
luz,
son,
verdade.

Gardade un gran silencio. Hoxe as guitarras,
en memoria de Lennon e outros moitos
poetas e cantantes,
han de imitar o son do mar máis agre.

BERNARDINO GRAÑA

O ATENEO FERROLÁN, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE, organiza coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ferrol un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.

http://www.ateneoferrolan.org/images/stories/descargas/BasesCFMA2012.pdf

domingo, 22 de abril de 2012




V Edición do concurso de conto ilustrado "A conquista da illa marabillosa", organizado por librería infantil e xuvenil Zampacontos, Ourense. 988 24 04 70.

BASES:

1. Poderánse presentar ao concurso tódolos nen@s con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.
2. Co gallo de fomentar o uso do Galego entre os máis novos Zampacontos recomenda empregar o uso do idioma Galego, existindo tamén a posibilidade de que as obras remitidas poidan estar expresadas en calquer outro idioma.
3. Os autores entregarán persoalmente o seu conto ilustrado, na librería infantil e xuvenil Zampacontos ou enviándoo ao seguinte enderezo:

Librería Infantil e Xuvenil Zampacontos
Rúa Santo Domingo. Galerías
Sol. Nº 39. Local 21. 32003. OURENSE.

4. Só se poderá presentar un conto ilustrado por nen@.
5. Os centros de ensino que queiran participar poderán presentar únicamente unha obra por aula.
6. As obras estarán asinadas únicamente cun pseudónimo. Tódalas obras deberánse entregar dentro dun sobre grande no que figure o pseudónimo e nun sobre máis pequeno, tamén con pseudónimo incluirase unha folla co nome e apelidos do nen@, ou aula, idade,
enderezo e un teléfono de contacto. Aquelas obras que carezan de pseudónimo en algún dos sobres serán excluídas do concurso.
7. A extensión máxima do conto ilustrado será de 20 páxinas.
8. Os nenos terán total liberdade para dotar de contido ao conto que pode ter ilustracións e texto escrito ou só ilustracións.
9. Admítense tanto versións de contos coma historias inéditas.
Non se poderán presentar obras premiadas en concursos anteriores.
10. O prazo para presentar as obras remata o VENRES 18 DE MAIO, ás 20 h. .
Poderánse aplicar diferentes técnicas: collage, fotografía, acuarelas, ceras…
12. O xurado estará composto por diferentes persoalidades do mundo da cultura e o libro.
13. Estableceránse catro premios que terán como agasallo un lote de libros cada un. Os premios diferenciarán as distintas idades dos participantes, deste xeito haberá dous premios que comprenderán a franxa de idade de 5 a 7 anos, e outros dous para as idades de 8 a 12. A decisión do xurado e a posterior entrega de premios será o VENRES 25 DE MAIO, ÁS 18.30 H.
14. As obras premiadas pasarán a formar parte do arquivo de Zampacontos podendo ser editadas baixo a autorización do autor/autores. As non premiadas poderánse recoller en Zampacontos a partir do día 26 de maio  habendo un prazo máximo dun mes para
recollelas. Unha vez rematado o prazo máximo, as obras non recollidas reciclaranse.
15. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a renuncia a toda reclamación.

jueves, 19 de abril de 2012

O CULLARAPO CROQUE NO COLEXIO QUINTELA -MOAÑA-





brincadeira cullarapa




brinca brinca o cullarapo
entre imaxes e palabras
brinca croque e brinca o gato
nunha cullarapa danza

brinca cullarapo brinca
entre a charca e as estrelas
brinca tamen a xoaniña
como brinca esta parella

brinca o tempo e a serea
entre imaxes e palabras
brinca o croque coa sabela
nesta terra cullarapa

manolo pipas

para miguel e luz
polos poemas e debuxos
do cullarapo croque

sábado, 14 de abril de 2012

NANORELATO -MARZO -


Futuro?

DANDYLADY NO MARCO (VIGO),

jueves, 12 de abril de 2012

A PORTA VERDE EN OLEIROS.AVI

lunes, 9 de abril de 2012

Lois Pereiro -que é Galicia?

A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz.

B. Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Bordo do Bosque omnipresente.

C. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

D. Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

E. Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e cara á Enfermidade, e sempre cara ao Eterno Extrañamento do Espírito.

F. Fogo de Fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá...

G. Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemir das Gaitas, e no carácter esa amable presenza da Graxa.

H. Historia: Herbicida o esquecemento. A Humidade, o "Horror vacui" e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo. Nosa Herdade adestrada na fuxida, coa sabedoría das feridas vellas, por nosas propias mans soamente vencidos.

I. Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

J. Son oriental. Rotundidade sureña.

K. Kilowatios por terra mergullada.

L. Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

M. Lega Mortos o Misterio da Música, pero o Miño vaise levando ese Misterio ao Mar.

N. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

Ñ. Nh/ gn/ ñ.

O. Oeste: "Galicia atende e obedece á chamada do Oeste" (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Esquecemento crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo apracible o destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa.

P. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.

Q. Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

R. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. As Risas xorden sempre onde Reina a calma, na quietud profunda de quen coñece o Risco e domínao. Rural: corre sangue Rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, recoñécese o galego na terra, na lenta vitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.

S. O Son da Soidade e o Silencio. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, o Sil a súa Sombra. Serenos e Sombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto.

T. Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.

U. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

V. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por detrás: Verde.

W. Whisky: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius?.

X. 25 de Xullo.

Y. e

Z. Fin

viernes, 6 de abril de 2012

O CULLARAPO CROQUE chega ás librarías!



GRAZAS A TODOS POLO VOSO APOIO
EN BREVE OS VOSOS NOMES
APARECERAN NO BLOG

"Sen vós só habería silencio"


O nº5 dos cadernos Q DE VIAN "O Cullarapo Croque"
nas seguintes librarías:

Libraría MIRANDA en Bueu
Rua Pazos Fontenla, 35 36930 Bueu
Libraría O PONTILLÓN en Moaña
Rúa Concepción Arenal, 7 36959 Moaña
Libraría AIRA DAS LETRAS en Allariz
Rúa Emilia Pardo Bazán
Libraría CARTABÓN en Vigo
Rúa Urzaiz, 125, baixo 36205 Vigo, Spain
Libraría ANDEL en Vigo
Rúa Pintor Lugris, 10 36211 Vigo

Libraría infantil ZAMPACONTOS
Rúa de Santo Domingo
Galerías Sol. Local 21
Ourense

sábado, 31 de marzo de 2012

A canción de Manuel

lunes, 26 de marzo de 2012

Abre a exposición de Celso Emilio


O Punto de Información Multimedia Celso Emilio Ferreiro inaugurouse este luns, 26 de marzo, na Biblioteca Nodal de Santiago de Compostela. A exposición, que permanecerá alí durante dúas semanas, mestura contidos virtuais con obxectos persoais do escritor celanovés.
O Punto multimedia consta dunha pantalla de 46 pulgadas cun interactivo dinámico baseado no concepto de liña de tempo, que permite coñecer e navegar polo universo literario e persoal do poeta a través de diferentes apartados referidos á súa traxectoria vital, obra, fotografías ou ao son da súa voz.
Xunto a esta pantalla interactiva, hai instalada unha Mesa de luz na que se mostran obxectos persoais de Celso Emilio Ferreiro como as súas gafas, as súas cartas ou a súa máquina de escribir.
O Punto multimedia achegará a figura do poeta celanovés á cidadanía, itinerando durante todo o 2012 -ano en que se conmemora o seu centenario- polas bibliotecas nodais e centros de ensino de Galicia.


jueves, 22 de marzo de 2012


2ª FUNCIÓN NO SALASON (entradas esgotadas o pasado 10-03-2012)

MERCEDES & MACLAREN é un dúo de cabaret cómico-picante que levan a cabo o espectáculo "Verdades como Puños, si no la tienes grande y gorda... te la cortas!!!", unha proposta tan fresca como irreverente onde o cotián se mestura co absurdo.

ENTRADA: 3 EUROS.
(Venta anticipada de entradas no SALASON a partires do día 23)

NOTA: Espectáculo recomendado para maiores de 18 anos.

Inauguración da Galería ABOUT ART



Venres 23 de marzo ás 20:00
 rúa pasantería, 9 baixo, Pontevedra

Parten de orzamento mínimo pero con numerosas conexións con artistas galegos e internacionais. O Furancho de Arte abre nun galpón da parroquia da Peregrina, no rural compostelán, un espazo promovido polos artistas Olmo Blanco e Diego Vites, canda a crítica de arte, Ania González. Habilitando galpóns, alpendres e galiñeiros da vivenda do avó como obradoiros e salas expositivas, o proxecto iníciase o 23 de marzo ás 19.30 horas. Pola súa banda, María Díaz e Araceli Torres promoven en Pontevedra About Art, unha nova galería orientada "á promoción dos novos valores da arte contemporánea". Para demostralo, a galería tamén se inaugura este venres 23 de marzo ás 20.00 h. coa inauguración da exposición colectiva Emergentes, que recolle obras de artistas noveis galegos relacionados coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra.       

martes, 20 de marzo de 2012

A pombiña branca 2012.avi

lunes, 19 de marzo de 2012

VITAMINAS PARA O GALEGO


A iniciativa Vitaminas para o Galego chega ás 25 cabeceiras asociadas e prepara un festival de música e poesía para o 27 de abril, que terá lugar na Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela (coa presenza xa confirmada de Terbutalina), así como varios eventos para o 17 de maio. No horizonte tamén está a posibilidade de constituír unha asociación de medios en lingua galega que sirva para incrementar a capacidade de influencia destes medios diante das administracións, facilite a posta en práctica de sinerxías, tanto a nivel comercial como creativo, e contribúa á promoción do labor xornalístico de todos eles.

A iniciativa, impulsada dende un inicio por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, conta xa con 25 medios asociados, pois as devanditas cabeceiras se lles uniron con posterioridade Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; o xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira, o programa radiofónico Plástico Elástico e os mensuais Gaceta de Fene e Cerne, xornal da terra de Melide.

O obxectivo da campaña, en palabras dun dos seus principais impulsores, Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, a rede de emisoras municipais de Galicia, é dobre: “sensibilizar sobre a necesidade de que haxa medios de comunicación en galego para garantir a transmisión interxeracional”, ademais da “procura de recursos económicos para axudar á supervivencia dos medios”.

Polo de agora a iniciativa, que botou a andar pouco antes do nadal, vai cumprindo obxectivos, recadando case sete mil euros a través de douscentos micromecenas na web de crowdfunding Verkami. Pero ademais, como salienta Sanfiz, a campaña tivo xa outros beneficios: “Só o feito de divulgar a existencia destes 25 medios é xa un ben en si mesmo. Destes 25 medios, a inmensa maioría teñen carácter local ou comarcal, cunha notable incidencia no seu ámbito, pero son moi descoñecidos no resto de Galicia”

SANTOS JÚNIOR E OS INTELECTUAIS GALEGOS


Presentación o sábado 24, ás 20:00 h., no Fogar dos Maiores.
ALLARIZ

Fruto do trabalho de pesquisa e investigação do professor Isaac Alonso Estraviz e sob a chancela da Fundaçom Meendinho acaba de sair do prelo Santos Júnior e os Intelectuais Galegos, um epistolário apaixonante, o mais extenso e completo dos que se têm publicado entre galegos e portugueses e muito interessante para o conhecimento da intra-história da Galiza.

Santos Júnior foi um dos portugueses que mais amou Galiza de palavra, por escrito e na realidade. Esteve na homenagem em Lobeira a Joaquim Lourenço e nos atos da Deputação ao nomearem filho predileto. Esteve muitas vezes em Santiago de Compostela. Foi do Seminário de Estudos Galegos, e da RAG.

Foi, igualmente, um investigador científico humanista. Como diretor dos Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia, convidava, e quase obrigava, os galegos, alguns ainda estudantes, a que apresentassem colaborações e louvava abertamente todos os que achava interessantes.

Na transcrição das cartas respeitou-se o original com todo tipo de gralhas ou erros. Nos poucos casos em que foram corrigidos, adverte-se em nota a rodapé. Isso, a sua ortografia, também faz parte dos problemas presentes da recuperação da língua seguindo o do programa de Rodrigues Lapa, que o reintegracionismo todo e a Meendinho levam a cabo.

As primeiras cartas que conhecemos são da década dos anos trinta. A primeira de Florentino López Alonso-Cuevillas é de 2 de janeiro de 1931. Ignoramos como foi o seu conhecimento, mas polas suas cartas sabe-se que se relacionava com Rui Serpa Pinto: “Nos curtos dias que convivin co noso Rui Pinto no Porto e Guimarães e na nosa longa e frecuente correspondencia aprendera a estimar as suas coalidades escepcionaes de talento, erudición e carácter” (carta 7). Joaquim Lourenço contatou com Santos Júnior através de Cuevillas e a primeira carta que conhecemos é do 12-VI-1933. De António Fráguas (24-VIII- 34), Filgueira Valverde (7-IX-1934), Vicente Risco (17-XI-1935), Bouça Brei (5- XII-1935). As outras são da década dos cinquenta para a frente.

A Fundaçom Meendinho com este livro, está fazendo um «importante contributo ao conhecimento da nossa realidade cultural», na qual «sempre ocupa um lugar de referência o mundo lusíado, criação em palavras do historiador português Alexandre Herculano "do génio galego"». É a Galiza quem tem que arranjar o seu futuro -por si própria e em em todos os campos-, «mas ontem como hoje temos aí Portugal e todo o mundo lusófono, que fazem a nossa grande vantagem comparativa, e o caminho certo da nossa recuperação nacional integral», indicam da Fundaçom.

Da Meendinho assinalam que com este livro pretendem achegar a todos e todas uma documentação que é muito difícil de achar, que é boa mostra de como na cabeça dos vultos galegos sempre pairava Portugal como um ensejo, de como em Portugal sempre houve apoios e ânimos generosos, e que «muitas vezes foram mais problema, as nossas limitações que a sua vontade, apreijados como estamos não poucas vezes, na visão regionalista espanhola que nos baliza e minora». Os documentos que vão neste livro vão significar mudanças importantes na perceção da nossa intra-história cultural, e por isso o esforço feito pela Meendinho com a publicação.

A Meendinho «que não procura ganhos e sim fazer cousas úteis para a Galiza e o seu povo», põe o livro a disposição dos seus amigos e amigas ao preço de custe -num livro de 800 páginas-, de 15 €.

SE LO DIJE A LA NOCHE


domingo, 18 de marzo de 2012

Cullarapo Croque - quedan 6 días -




Podes mercar neste enlace o libro a un prezo de 15 €.

O recibirás na túa casa sen ningún custo adicional.

Falando do Cullarapo Croque en televigo

viernes, 16 de marzo de 2012

Fomento de la lectura. Una buena y una mala

AEDA en el 20 mrz

jueves, 15 de marzo de 2012

Como deita o tempo - Mónica de Nut Trío



Como deita o tempo from MM | Marcos Martinez on Vimeo.

miércoles, 14 de marzo de 2012

XARDIN DESORDENADO

"PECERA", el corto más reivindicativo del año.

martes, 13 de marzo de 2012

A biblioteca escolar do colexio Quintela. Moaña

Actividades na libraría AIRA DAS LETRAS -Allariz-



Presentación. O próximo sábado ás 20:00h., Carme Adán-parlamentaria galega do BNG- virá presentar o libro "Cartografías do derrubo", libro que recolle artigos de prensa nos que ela dá a súa visión da xestión realizada polo goberno de Feijoo.

Oferta especial "día do pai".
Na nosa web temos colgadas varias ofertas moi interesantes para o día do pai. Entrade neste enlace para velo. http://airadasletras.com/central/110515wp/ofertas/

Exposicións na libraría.
Os que esteades interesados en expoñer na libraría, xa podedes solicitalo. Temos unhas bases para aqueles que o solicitedes.

Por certo, neste intre podedes gozar da exposición de fotografía "A beleza está nos ollos de quen mira" realizada polo concello de Allariz para as Xornadas de Igualdade.
-- 
Unha aperta. 
Aira das Letras
988442324
www.airadasletras.com


LA MARABUNTA

domingo, 11 de marzo de 2012

Recital de Manolo Pipas no Hipólito



versos escritos
nunha mesa deste bar

na cidade na ria...

- vello bar hipolito
- a certa idade
- monteferro poemas
- memoria do bou eva
- poetica e xeografia
- as mans da musica ...

viernes, 9 de marzo de 2012

ODISEA ÚLTIMA

jueves, 8 de marzo de 2012

A raíña do vento - Miguel Alonso

miércoles, 7 de marzo de 2012



Stéphane Hessel


apelemos todavía a una verdadera insurrección pacífica contra los medios de comunicación de masas que no proponen otro horizonte para nuestra juventud que el del consumo de masas, el desprecio hacia los más débiles y hacia la cultura, la amnesia generalizada y la competición a ultranza de todos contra todos
A aquellos que harán el siglo XXI, les decimos,con todo nuestro afecto:

CREAR ES RESISTIR. RESISTIR ES CREAR

Guillerme e Bastardo no Bou Eva

 
Dende o Mércores, 7 de Marzo de 2012 ás 20:00 ata o Mércores, 28 de Marzo de 2012 ás 23:00

Centro Social Bou Eva, Tercio de Fora 11, Vigo
 

Cine e Muller

 Durante o mes de marzo proxectaremos catro películas de temática feminina no Centro Social, con coloquio despois de cada sesión. Para +info: www.acboueva.blogaliza.org




lunes, 5 de marzo de 2012

Há um tempo em que é preciso abandonar as roupas usadas, que já tem a forma do nosso corpo e esquecer os nossos caminhos, que nos levam sempre aos mesmos lugares . É o tempo da travessia: e, se não ousarmos fazê-la, teremos ficado, para sempre, à margem de nós mesmos." (Fernando Pessoa)

Triatreros: O imperio da improvisación en Ponte.tv

viernes, 2 de marzo de 2012


PROGRAMACIÓN MARZO 2012

ESTOXOS VIAXEIROS: Destino China

Continuamos a nosa viaxe polo afastado oriente deténdonos nesta ocasión na China. Da man da nosa amiga Wang Fei aprenderemos novas receitas, novas paisaxes e unha nova lingua ao tempo que nos divertimos xogando. Este estoxo súmase a nosa colección para que o levedes a casa e gocedes toda a familia coñecendo novas culturas.

Sábado 10 de marzo ás 12.00 h
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Destinatarios: Actividade para a familia.

A HORA DOS CONTOS: O universo

Nesta ocasión Trini contaranos historias e contos, algúns orixinais, onde descubriremos moitos segredos do universo. Tamén faremos algunha actividades relacionada coa temática e traballaremos no noso Diario de Lecturas.

Sábado 17 de marzo ás 12.00 h
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Destinatarios: Actividade para nenos entre 3 e 10 anos.

OBRADOIRO: creación de cómic

Este obradoiro de creación de cómic está destinado a aproximar aos participantes a este xénero e proporcionarlles as claves básicas á hora de enfrontarse á tarefa de realizar unha historieta:
Introdución ao proceso de creación dun cómic, dende a idea á impresión.
Elaboración dun guión dunha páxina a partir dunha noticia, unha canción, chiste, etc.
Creación da páxina:
Formato, planificación, orde de lectura, montaxe.
Debuxo a lapis.
Tinta, plumilla, rotulador, pincel, tableta gráfica.
Cor dixital, Photoshop.
Rotulación, onomatopeas, tipografía.
Así, ao longo das tres sesións os participantes elaborarán unha historia de unha páxina.

Do 21 ao 23 de marzo de 19.00 a 21.00 h
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Destinatarios: Actividade socios da biblioteca maiores de 16 anos.
Aforamento: 15 prazas (Previa inscrición)*

*Inscrición para o obradoiro:
Os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición do 1 ata o 17 de marzo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Para conmemorar que o 21 de marzo e o Día Internacional da Poesía, ao longo da semana propoñémosvos a todos aqueles que o desexedes colaborar coa nosa proposta de celebración enchendo a biblioteca cos vosos poemas favoritos: poñeremos á vosa disposición post-it de diferentes tamaños e cores que pegaremos nun lugar ben visible da biblioteca e nos que vos convidamos a que escribir un poema ou un fragmento do voso autor favorito, unha creación propia ou mesmo a letra dalgunha canción.

Do 21 ao 23 de marzo
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Destinatarios: Todos os usuarios e visitantes da biblioteca

O RATO COMELETRAS

O 24 de marzo a Biblioteca Xosé Neira Vilas cumpre un ano e para celebralo, e rematar tamén a semana adicada á Poesía, visitará a biblioteca o Rato Comeletras, que se presentará aos nenos e falaralles dun dos seus grandes amigos: Fréderick, un rato poeta. Despois de coñecer a historia de Leo Lionni, os participantes no obradoiro construirán un Comeletras en tamaño real, decorarano e rematarán a actividade adicándolle unha poesía.

Sábado 24 de marzo ás 12.00 h
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Destinatarios: nenos de 3 ata 10 anos


O SABADIÑO DE ROQUE : As cores

Nesta ocasión a nosa mascota visítanos o último sábado de mes. Roque neste día falará do marabilloso mundo das cores, que coñeceremos gracias aos contos e o obradoiro. Sen esquecer as súas cancións de benvida e despedida, xa coñecidas por todos.

Sábado 31 de marzo ás 12.00 h
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Destinatarios: nenos de 3 ata 10 anos.

Séguenos

Horario:
Mañáns: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

O Concello de Allariz busca músicos para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se
celebrará do 5 ó 8 de abril.

A Semana Santa ao Vivo é unha proposta cultural de ocio nacida no ano 2000, motivada pola grande
cantidade de turistas presentes durante estas datas na vila alaricana.
Como cada ano, o departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz continúa traballando para organizar a programación da Semana Santa ao Vivo, unha alternativa diferente que, conxuga música, tradición e cultura para que todo aquel que visite a vila nesas datas se quede coa esencia do que é Allariz.
Este proxecto cultural abarca sobre todo música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, worldmusic, étnico, blues, etc. Esta é unha peza fundamental, que ameniza os paseos dos transeúntes en diversos espazos do casco antigo.
Como segundo ano consecutivo proponse un formato novidoso para contactar con músicos que se encargarán de darlle vida á Semana Santa. O Concello organiza unha selección na que poderán participar todos aqueles músicos, grupos ou solistas, que estean interesados en actuar nas rúas de Allariz durante a Semana Santa.
Os interesados/as deben contactar, antes do 10 de marzo, co departamento de promoción económica de Allariz no correo electrónico
dinamizacioneconomica@allariz.com ou no teléfono 988442210.

 

MERCEDES & MACLAREN é un dúo de cabaret cómico-picante que levan a cabo o espectáculo

"Verdades como Puños, si no la tienes grande y gorda... te la cortas!!!", unha proposta tan
fresca como irreverente onde o cotián se mestura co absurdo.
ENTRADA: 3 EUROS.
NOTA: Espectáculo recomendado para maiores de 18 anos.

jueves, 1 de marzo de 2012

"Paixon po la lectura" Lectores del IES As Barxas - España

"A cultura como alimento contra a crise"


O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:
"A cultura como alimento contra a crise"

Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados...... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Faite soci@! Colabora con nos

 

domingo, 26 de febrero de 2012

Luis Pastor - Cantautor

viernes, 24 de febrero de 2012

AMANTE ROSALÍA


Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.


 Quero cos  seus dedos estuden
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.


Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.


E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!


E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!


Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.


Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.


E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…


E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…


e murmurear o seu nome


e murmurear o seu nome



Miguel Ángel Alonso Diz

jueves, 23 de febrero de 2012

Alborada Jazz. Rosalia de Castro