domingo, 18 de diciembre de 2011

Acto de A NAVE DAS IDEAS en torno a figura de URBANO LUGRÍS


Na Galería Montenegro (Marqués de Valadares)


Aíd en plena actuación, mesturando rap e pintura


Antón Patiño falando de Urbano Lugrís


Na Pinacoteca de Vigo.






Ledicia Costas







Público (foto de Esther)


O forxador visto pola súa filla (foto de Esther)


Esther


Lara do Ar


Anton Patiño






Manolo Pipas (foto de Esther)



Fermosa e necesaria iniciativa da NAVE DAS IDEAS

PARABÉNS!!

sábado, 17 de diciembre de 2011

FUNDACIÓN NEIRA VILAS -Entrega Premio ARUME POESÍA-



No día de onte, 28 de novembro de 2011, reuniuse na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, o xurado designado para o fallo do VI Premio Arume de Poesía para nenos/as.
O Xurado, composto por D. Xosé Neira Vilas, D. Valentín García Gómez, D. Xoán Andrés Fernández Castro e D. Luís Reimóndez Fernández, acordou por unanimidade conceder o premio á obra presentada baixo o título “Patente de corso (pequeno dicionario pirata)” , que unha vez aberta a plica resulta ser da autoría de D. Rafa Vilar. En opinión do xurado, Patente de Corso, composición poética con piratas bos, xoguetóns e atractivos para o público infantil. Non son corsarios violentos senón máis ben inxenuos, que mesmo esquecen cargar os canóns para librar así unhas batallas nas que ninguén se magoa. Estruturada en estrofas de 2 a 4 versos octosílabos, o autor logra imprimir un ritmo rápido e un estilo lixeiro, non por iso baleiro de contido, pois hai referencias ao galego Benito Soto, aos Camiños da Vida e mesmo á Internacional por resaltar algúns exemplos. Destaca tamén o seu léxico coidado que mestura termos tradicionais con termos piratas conseguindo un ambiente literario lúdico e apacible.
Así mesmo, o xurado acordou facer dúas mencións de honra ás obras presentadas baixo os lemas:
Verdedades da autoría de Dona Iolanda Castaño. Constitúe un canto á natureza e ás variedades botánicas feitas con cuartetas octosílabas na súa maioría nos que os pares riman en asonante. Trátase dunha composición de tipo popular para aprender poñendo en valor as grandes posibilidades que ofrece o noso medio natural.
Flores de Abruñeiros , que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de D. Alberto Calvín Corredoira. Destacouse dela unha estrofa corrida con verso popular, moi coidado na súa edición que contén dialectalismos e mesmo castelanismos que son aclarados con notas ao rodapé. Constitúe así un método instrutivo e didáctico que achega a tradición popular aos nenos/as.
O premio, está dotado con 1.000 € e a publicación da obra premiada. Entregarase mañá, día 18 de decembro 2011 nun acto público na Sede da Fundación Xosé Neira Vilas, o día 18 ás 16.30, acto emitido como ben sendo habitual estes anos, en directo por Internet dende a web da Fundación.

http://www.fundacionxoseneiravilas.com/

viernes, 16 de diciembre de 2011

Joan Baez-adeus rios adeus fontes

Novo acto da Nave: homenaxe ao pintor Urbano Lugrís

Carteis dos actos que se celebrarán nas cidades de Vigo e A Coruña organizados por A Nave das Ideas


´

Mañá día 17 de decembro

martes, 13 de diciembre de 2011

Ateneo Ferrolán: Club de Lectura.‏


Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso Club de Lectura, organízanse os encontros coa lectura onde se xuntan 20 socios e socias, todos os primeiros martes de cada mes, para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora Anxeles Seoane.


PRÓXIMA CITA do noso CLUB DE LECTURA hoxe, martes día 123 de decembro 2011 ás 19,30 horas.

Estamos a ler "El señor Ibrahim y las flores del Corán" de Eric-Emmanuel Schmitt.

--

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
http://www.ateneoferrolan.org/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
Telf.: +34 981 357 970

Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402
FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Faite soci@! Colabora con nos!

lunes, 12 de diciembre de 2011

Acto en solidaridade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIDADE



As entidades : Asociación Cultural Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, A. VV. Esteiro, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Opaii, Foro Galego da Inmigración, Ràdio FilispiM e Comité Lazos pro Solidaridade, organizan un
Acto en solidaridade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIDADE
sábado 17 de decembro, a partir das 11 da mañán
na traseira do Mercado de Caranza - Ferrol
coincidindo coa véspera do Día de Acción Global contra o racismo, e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desplazadas.
Haberá música, poesía, bebidas e petiscos ...
Emitiráse en directo un programa radiofónico de Rádio FilispiM, no 93.9 FM.
Convídase a todas e todos a participar e prégase difusión.
Engádese cartaz e máis información.
--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Faite soci@! Colabora con nos!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

LIBRARÍA AIRA DAS LETRAS - ALLARIZ -

Ola, amigos.

Exposición Fundación Vicente Risco
.
Do día 8 ao 11 deste mes varios artistas alaricanos (Colectivo Alaricano) exporán na Fundación Vicente Risco dentro da dinamización do casco de Allariz que se está tentando promover dende a iniciativa privada. Ademais da exposición farán demostracións de diferentes técnicas tal e como comentan no artigo seguinte

Pretendemos facer unhas demostracións de técnicas de pintura e gravado.Os artistas que imos participar somos: Antonio Soria,Xaime Piñeiro,Xabier Cuíñas,Seo,Eva Casado,Rául Diniz,Jorge Varela e Javier Varela. O horario de apertura estes catro días serà de 12:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 as 20:00 pola tarde.As demostracións técnicas serán pola tarde os días 8,9 e 10.O día 8 demostración de gravado litográfico a cargo de Javier Varela,a partir das 18:30H.O día 9 demostración de gravado (Linografía)a cargo de Antonio Soria,a partir das 18:30H.O día 10 demostracíón de pintura(acuarela) a cargo de Raúl Diniz a partir da misma hora.

Non volo perdades que merece a pena.

Presentación libro Medievalario e da rede social: Redelibros.
Lembrade que o venres ás 20:00h. presentamos a novela Medievalario de Fran Zabaleta dividida en 4 partes ,unha delas está ambientada en Allariz. Falaremos tamén da rede social Redelibros, primeira rede galega do libro que está a ter moito éxito.

Unha aperta.
Aira das Letras
988442324
www.airadasletras.com

ISGA collective - Concerto presentación "ETHERIA" Mércores 7



O vindeiro mércores 7 de decembro ás 21h no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do rei, 1) Entrada de balde até completar aforo.

Proxecta na súa música a modernidade da sociedade galega actual, coidando e nutríndose do seu pasado e tradición. Dende os seus inicios no ano 2005, mostrou o seu interese pola música de raíz galega e as correntes de vangarda. A música de ISGA collective é unha das propostas máis atractivas e orixinais da escena galega. Aínda que de corte intimista, sorprende pola súa vitalidade e frescura, mostrando unha Galicia actual e moderna.

No seu primeiro traballo discográfico "A Redeira" (sul producciones 2006), conxugaron a súa música absolutamente contemporánea coas Cantigas de Martín Códax do século XIII.
Despois de obter moi boas críticas polo seu primeiro disco e os seus directos (Liverpool, Edimburgo, L´Orient, Frankfurt, Londres, Munich ...),presentan o seu novo album "Etheria"(sul producciones 2011) un traballo se cabe máis orgánico que o anterior onde seguen a investigar na mestura de diferentes correntes musicais coa dándolle un sabor galego e que confirma ao grupo como unha sólida proposta e representación da nova música galega.

"Etheria" xurde cando ao compositor e lider do colectivo musical vigués, Isaac Garabatos, encárganlle a banda sonora para o espectáculo do Centro Coreográfico Galego "Etheria - A viaxe soñada" dirixido pola coreógrafa Mercedes Suárez. Despois de xirar co CCG déronlle unha revisión aos arranxos musicais e presentaron o seu 2º disco nunha serie de catro concertos en Londres.

 
Ademais dos 7 músicos que fan o directo de ISGA collective, tamén aportaron o seu talento na gravación de "Etheria" a violinista e cantante Patricia Argüelles (Patricia Moon), o pianista Xavier Bertolo, a chelista Susana Blanco e o técnico de son Tino Álvarez.


ISGA collective trae en primicia ao Auditorio Municipal de Vigo a sua música que vai dende o minimalismo ao post-rock ou o Jazz sempre cun claro son galego.

Músicos no directo:CECILIA MARTÍNEZ - VIOLIN
DAVID OUTUMURO - BATERÍA E PERCUSIÓNS

ISAAC GARABATOS - GUITARRA ACÚSTICA E PIANO

JEAN MARC VAN LOO - BAIXO ELÉCTRICO
JESÚS ANDRÉS TEJADA - GUITARRA ELÉTRICA E UKELELE

LORENA FREIJEIRO - GAITA E FLAUTAS
MÓNICA DE NUT - VOZ E PANDERETA

Lançamento do livro de Poesia de Jorge D'Além Mar. "Anatomia de Um Louco"


Mércores, 7 decembro de 21:00 ata as 0:30
 
       Café UF-Rua Pracer 19 (junto ao Monte Castro), em Vigo.-Galiza.

 
Refere Luís Beirão: "longe vai o tempo dos ventos tempestuosos dos mares incontroláveis do último scotch".
Articula Ana Paula Lavado: "até que a loucura se esvaia em perpendicular".


martes, 6 de diciembre de 2011

LA MARABUNTA (7 AL 11 DICIEMBRE)


POESÍA PARTICIPATIVA

JUEVES 8 DE DICIEMBRE A LAS 20 HORAS
Para celebrar el puente empezamos la noche con poesía y luego cada unx da rienda suelta a su noche de fiesta. Ya sabes: te esperamos porque queremos que te animes a leer, a contar historias, a cantar, bailar, actuar, lo que gustes… si has venido, conoces que el abrazo amigo impregnado de ese aroma inconfundible a vino tinto es lo que adhereza nuestras noches. Si vas a venir por primera vez, ten cuidado, no va a ser cosa que luego te cree adicción, la invitación no cubre el seguro médico para su cura!


RECITAL POÉTICO MUSICAL CON “THIS PURE LIGHT”

SÁBADO 10 DE DICIEMBRE A LAS 21h
Musicalmente, This Pure Light bebe de influencias folk muy diversas: desde los primeros trabajos de Bob Dylan o Leonard Cohen, Buffy Sainte-Marie o Roy Harper, bajando hasta Atahualpa Yupanki o Violeta Parra; desde las músicas raiz de Sudamérica hasta los sonidos de la India o China… y todo ello agitado por un fondo de psicodelia mántrica y oscura al más puro estilo Velvet Underground y The Stooges. O quizás en nuestra música no se refleja nada de todo esto, pero al menos creemos que estas corrientes son las que marcan nuestro proceso de composición.
Las letras de las canciones están basadas en poemas del libro “Celebración”, de Jorge Retamosa Bravo. Ciertos aromas a Whitman, el Neruda del “Canto General”, Emerson o Blake, pueden hallarse entre las páginas de este ejemplar.
El sábado leeremos fragmentos de poemas e interpretaremos diversas canciones (en una versión muy reducida instrumentalmente) cuya letra está basada en los mismos.

La Marabunta / Libreria & cafe / C/ Torrecilla del Leal, 32.

Lavapies, Madrid

Tlf.: 915305555 libreria@lamarabunta.info

www.lamarabunta.info

viernes, 2 de diciembre de 2011

Radiohead - Creep

jueves, 1 de diciembre de 2011

Vendo a miña alma (poxa de poetas)


 
Venres
Dende as 23:00 ata as 0:00
 

 
Os Poetas da Hostia, responsables dos recitais combate A Hostia en Verso, convídanvos a unha poxa de poetas que terá lugar este venres dentro da programación do Culturgal.

O acto é un recital de poesía no que ti como público tes moito que facer, pois poderás poxar polo ...teu poeta preferido e levar a súa alma como premio. Quen non quixo algunha vez ter a alma dun poeta na mesiña de noite ou no armario das medicinas? Esta é a túa grande oportunidade.

Os poetas que se locerán serán Ledicia Costas, Lucía Aldao e Daniel Landesa, poñerá música en directo Mig Seoane e presentará María Lado. As almas son unha sorpresa saída das mans e a cabeza da artista María Longa.

A poxa realizarase en poetrodólares, moeda que cotiza moi ben no parqué lírico e que vos facilitaremos á entrada do acto.

A partir das 23.00 horas no garito Pequeno Karma de Pontevedra. Agardámosche por alá!

MORTOS DE NINGURES

miércoles, 30 de noviembre de 2011

POEMATIZA II


 
Dende as 16:00 ata as 20:00

 
 
AULA A4A da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
 

 
 
O vindeiro xoves 1de decembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza da poeta ESTÍBALIZ ESPINOSA.
Máis información en http://gaelt-uvigo.blogspot.com/2011/11/poematiza-ii.html

martes, 29 de noviembre de 2011

Os quilómetros que percorremos dende aquela



Alberte Momán
ISBN: 978-84-92792-99-3
Editorial Toxosoutos

Os quilómetros que percorremos dende aquela.- As relacións humanas non son acontecementos illados na traxectoria vital dunha persoa, senón que se atopan expostas a todo tipo de influencias e agresións externas. Un entorno que en ningún caso nos é alleo e que condiciona o percorrido destas tres historias, que doadamente servirán de espello para o día a día das relacións persoais. Unha lectura próxima á que achegarse dende a propia experiencia.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Elvira Riveiro Tobío, gañadora do VI Certame de poesía erótica Illas Sisargas

A Casa de Turismo Rural Casa Arpón deuse a coñecer a obra gañadora do VI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. A obra gañadora foi “carnia haikai”, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro Tobío. O Premio foi entregado polo Alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro Novo.
O galardón está dotado con 1.000 €, que aporta o Concello de Malpica, a publicación da obra, que realiza a A.C. Caldeirón, e unha noite na Casa de Turismo Rural Casa Arpón, por cortesía deste establecemento

FERVENZAS LITERARIAS

2na fronteira: Illas Marabillas de Alfonso Láuzara

jueves, 24 de noviembre de 2011

Un ano da MARABUNTA


La Marabunta / Libreria & cafe /
C/ Torrecilla del Leal, 32. Lavapiés, Madrid
Tlf.: 915305555 libreria@lamarabunta