Un ano máis enarborando, levando a arte e a creación ata o cerne da natureza, para dialogar con ela, protexela, salvala. O 10 de xuño, creadores e creadoras, amigas e amigos, levemos a arte á Carballeira de Cotapereira (Beariz, Ourense), nunha convocatoria de Reciarte, pois o lixo ten moita vida antes de ser desbotado. Non queremos incineración, se non un consumo e unha xestión responsable.
Animádevos a participar. Xuntarémonos todos na carballeira a partir das 11 da mañá durante toda a xornada para crear (pintar, cantar, tocar, recitar...) e para xantar todas e todos xuntos. Aberto á participación de público en xeral, homes, mulleres, rapazas, rapaces, pequenos e maiores...
Contamos con vós.
Manifiesto e toda a información: http://enarborarobosque.blogspot.com.es e http://www.arteu.es
Contamos co apoio e colaboración da FEG e Verbo Xido
Este fermoso cartace é obra de Ana Fernández.
--
Delio Sánchez, Xacobe Meléndrez e Inma Doval
No hay comentarios:
Publicar un comentario