lunes, 11 de junio de 2012

Visita ao CIFP ÁNXEL CASAL-MONTE ALTO


Da man da miña querida amiga Verónica Martínez Delgado (profesora e poeta), tiven a oportunidade de falar cos futuros educadores infantís do centro Ánxel Casal da Coruña.
Tamén coñecín a Vicky, Arturo e Carme.

Ademáis de compartir experiencias ao redor do cullarapo Croque e visionar un corto recen feito que trata sobre como se xestou o libro, puiden achegar a estas marabillosas rapazas e rapaces cales son os obxectivos do libro (lingua-poesía-música-debuxo-educación en valores).

De feito por vez primeira analicei os poemas que conforman o libro. Falei da imaxinación,a creatividade, o respecto as persoas, a vida e o seu sentido, o maltrato (xa sexa físico ou non), a morte, a ausenza, a riqueza de cada idioma, o amor.... e a experiencia persoal de eterno cambio-transformación-renovación que dende a primeira páxina percorre todo o libro.

Un pracer poder achegar a miña visión sobre o libro ás persoas que van traballar con el.
Falei do "Principiño", de "Momo", de "Pequeno azul, pequeno amarelo".

En resumo, unha fermosa oportunidade, que debo agradecer a Verónica, de amosar que a poesía infantil é algo máis que un xogo de palabras.

Un bico a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario