"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
miércoles, 29 de mayo de 2013
martes, 28 de mayo de 2013
domingo, 26 de mayo de 2013
Que quedará de nós?
Vimos de rematar esta semana unha actividade sobre Rosalía que titulamos “Ola ríos, ola fontes”.
“Yo soy español”; ou “no vas a contarlo en español?”, “vaya…” – isto en nen@s de 4-5 anos.
Tamén dicir que o galego, nalgúns sitios, está desprazado como segunda lingua estranxeira detrás do inglés. Rojo – red – vermello?
O traballo de desgaleguización da sociedade feito pola Xunta está a dar os seus froitos. A verdade é que neste senso debo felicitalos porque están acadando o seu obxectivo.
O exilio do Xabarín na TVG2 é a súa lenta morte a través dun formato gastado e contidos do século pasado foi un acerto neste sentido, xa que moit@s galeg@s comezaran a medrar fai 18 anos tendo unha percepción positiva do noso idioma, por primeira vez en moito tempo debo engadir.
Non comprendo o interese que durme baixo a premisa de ser máis pobres, máis ignorantes, máis grises. Quizais a busca da homoxeneidade, da docilidade…
Os cans falan galego
e os paxaros e os gatos,
as pitas e os porcos
xogan en galego.
Incluso as formigas
dan as ordes en galego.
Tamén falan as árbores
e a ialma do vento.
As flores, as avellas,
as tenras bolboretas
e o rexo firmamento.
O tempo no seu vagar
faino en galego.
Todo nesta terra
latexa en galego.
Quizais se decataron disto, e é por iso que agora decidiron ir contra a mesma terra. Contra a alma de Galicia.
Miguel Ángel Alonso Diz
Taboleiro do libro galego (X) (do 11 ao 25 de maio)
Taboleiro do libro galego (X) (do 11 ao 25 de maio)
martes, 21 de mayo de 2013
Poema sobre foto de Ruy Man -PHOTOTRAVEL-
"A poesía é o eco da melodía do universo no corazón dos humanos."
Rabindranath Tagore
Direi que é de noite
e as almas murmuran
lembranzas húmidas
no día que durme
Ofrendas de luz e soño
descansan o seu corpo
a beira do Indo,
mentres unha muller
mantén acesa
a luz da nosa esperanza.
Todo e silencio e canto
nas súas engurras,
fíos de vida
na pel das súas dedas,
bágoas de ausencia
nas súas pálpebras.
Direi que é de noite
e que o universo murmura
lembranzas húmidas
no día que durme.
viernes, 10 de mayo de 2013
jueves, 9 de mayo de 2013
I KILL YOU
Foto: Ruy Man
"No é tarefa
fácil educar ós xoves, adestralos, en cambio, é moi doado." Rabindranath Tagore
I kill you
Cun sorriso nos ollos secos
case sen pasado que comer
e pouco o nada que perder
no futuro imaxinado.
Luz na ollada deserto
divindade non domesticada
no peito que esperta.
Apertar o gatillo
é berrar
I KILL YOU infancia
I KILL YOU ollada
I KILL YOU
I KILL YOU
E un tigre baila na chaira
a danza da nosa morte,
mentres un neno aprende
o baile
cun sorriso nos ollos secos.
Todo é silencio
despois do disparo.
Abro os ollos
e aí segues ti
apuntando.
miércoles, 1 de mayo de 2013
martes, 23 de abril de 2013
sábado, 20 de abril de 2013
ANDELVIRTUAL
Na libraría ANDEL en Vigo.
Ligazóns para mercalo pola rede
O CULLARAPO CROQUE
A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ
jueves, 4 de abril de 2013
lunes, 1 de abril de 2013
miércoles, 20 de marzo de 2013
lunes, 11 de marzo de 2013
Rebentos de salitre. Exposiçao de Xacobe Meléndrez e Inma Doval en Porto
|
Irá ser inaugurada no dia 16 de Março de 2013,
pelas 16h, na Galeria Porto Oriental, onde ficará patente até ao dia 11 de Maio
de 2013.
Na inauguraçao haberá un recital poetico a cargo de Carlos Vinagre,
Henrique Dória, Anabela França Pais, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara,
Xacobe Meléndrez e Inma Doval. Também ofereceremos um vinho galego por cortesía
de arTeu.
Nesta mostra artística multidisciplinar, combinam-se trabalhos que mergulham no mar, obras de Inma Doval Porto e Xacobe Meléndrez Fassbender, artistas residentes na Galiza. A polaridade das suas criações confronta-se e complementa-se oferecendo um jeito comum de perceber e situar-se no mundo e nas relações com o oceano, matriz e destino final. Encontramos serenidade e reflexão nos volumes de seres marinhos, cores da paixão nas pinturas, romantismo no vídeo e o olhar espelhado e inquiridor do oceano nas fotografias. Os sentimentos são invocados e brotam das obras e diante delas, apoiados na poesia de Bernardino Graña e Inma Doval. Volume, luz e cor explodem cheirando a salitre. Máis informaçao en-:
e
|
lunes, 4 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









.jpg)