lunes, 27 de junio de 2011

A PORTA VERDE EN OLEIROS


Kiko Neves e Ramiro Vidal

 O Forxador
 Alberte Momán e Alfonso Láuzara


                                                                    Miguel Alonso

                                                       Alberte Momán e Ramiro Vidal

Kiko Neves

MERENDACEA II

MERENDACEA DOUS!



O vindeiro venres 1 de xullo quedamos á volta da praia, alá polas 20:30 horas, no Museo Verbum-Casa das Palabras, para unha segunda sesión de Merendacea 'Poesía para devorar', unha creación dos Poetas da Hostia producida polo Verbum.

Merendacea é un espectáculo de variedades poéticas creado colectivamente por unha serie de artistas que procuran explorar novos camiños para a lírica. Neses camiños cabe a videocreación, a música en directo, a danza, o teatro, a pintura e mesmo o humor, elementos que se poderán ver nos pequenos números que compoñen esta segunda merendola lírica.

Desta ocasión, os versos correrán por conta de Lara do Ar, Daniel Landesa (que une os seus esforzos ao músico Mr. Carácter), Ledicia Costas quen contará colaboración de Nuria Carballido, Estíbaliz Espinosa, Elvira Riveiro, Xabier Xil Xardón, Lucía Aldao, María Lado, Xosé Manuel Esperante e Nolim González,que virá acompañado de Dj. Cocón.

A pintora e deseñadora María Longa é, desta volta, a autora dos obxectos poéticos que se sortearán entre os asistentes e a artista Nela Quesada participará cunha intervención en directo.

Os espontáneos e insuperables Carlos Castro e David Santos porán cordura e música en directo. A tralla e a arroutada tráea o atlántico Xurxo Souto, que fará as veces de presentador e mestre de cerimonias.

Haberá tamén algunha sorpresa inconfesable, posto que se a confesásemos agora, deixaría de ser sorpresa.

Xa sabes. O día 1 de xullo, sacude as areas da praia e vén con nós de Merendacea!

viernes, 24 de junio de 2011

O FORXADOR EN OLEIROS COS COMPAÑEIROS DA PORTA VERDE

Presentación da nova novela de KIKO NEVES nos Cadernos Q DE VIAN
e actuación de MIGUEL ALONSO "A NOITE DOS CANS"



sábado, 4 de junio de 2011

ANA CIBEIRA - PINTALABIOS -

Asinará exemplares de PINTALABIOS o 11 de xuño na feira do libro de Madrid, na caseta da Asociación Galega de Editores a nº 86.

Enlace ao artigo sobre Ana Cibeira:

http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html