jueves, 26 de septiembre de 2013

Nen@s sen lingua

 
 
miles de nen@s camiñan sen lingua
polas rúas da miña terra,
miles de nen@s camiñan...
@s nos@s nen@s,
eran nos@s.

Nen@s sen lingua

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Exército de uniformes

 
 


exército de uniformes
heroes sen nome
no latexante silencio
da incerteza

arumes de medo
 nos nosos ollos,
nas nosas mans,
nos sorrisos tépedos
dos reflexos

voces feridas
construídas por rezos
chegados aos beizos
sen aviso
nin permiso

e no medio de todo o caos
e a anguria,
un exército de uniformes
que nesta noite lembro
cheo de agradecemento.
 

sábado, 20 de julio de 2013

SINAIS NA TERRA




Poema incluido no libro "VERSUS CIANURO"
contra a violación da nosa terra


miércoles, 29 de mayo de 2013

Visita á EEI AS DUNAS en Panxón

Outro día de moito movemento, que comezou no EEI As Dunas de Panxón.

Cheguei ao centro da man do meu amigo Marcos, pai de Iago (alumno do centro e tamén amigo). Ei dicir que sorprendeume cunha chea de agasallos que non agardaba. Teño un para ti Luz!!
E podo dicir que os máis fermoso de todos foron dous libriños feitos por Iago :)

A poesía une a persoas que baixo outras circunstancias nunca tocarían as súas almas. É o fermoso... Xa o dicía onte Mestre Antonio e canta razón ten. Esas relacións persoais nacidas ao abeiro das palabras.

Destacar o traballo das docentes e a súa participación activa. Si...Estou sorrindo!

Teño unha débeda con elas, e agardo que o fermoso bolígrafo que teño gardado no peto do meu pantalón sexa fonte da que xorden cento de historias coas que agasallar @s nen@s.

En concreto desexo facer unha para a ratiña Lola mascota da bibliodunas.

Quedo cunha frase de Raquel Arca (amiga dende xa):

"A ti,por ensinarnos a amar a poesía e a disfrutar con ela".

Non sei se es consciente do que representa esa frase para min...

A POESÍA NECESARIA. Sen lugar a dúbida!
Onte, hoxe e por sempre.


"hoxe a escuridade é menos terrible, e os silencios
son feridos por diminutos dedos cheos da esperanza
dun pobo, que se resiste a morrer na indiferenza
desta longa noite de esquecemento".



 
Miguel Ángel Alonso Diz
 


SEMPRE VIVOS!
SEMPRE CURIOSOS!
SEMPRE NEN@S!
SEMPRE POESÍA!

CANTO DE BERCE


domingo, 26 de mayo de 2013

Que quedará de nós?

 
 
 
 
Vimos de rematar esta semana unha actividade sobre Rosalía que titulamos “Ola ríos, ola fontes”.

Realizámola a través do servizo de normalización lingüística do Concello de Vigo, ao que lle estou moi agradecido polo seu compromiso e traballo a prol do galego, e por confiar en nós para achegar a Rosalía @s máis pequen@s. Non temos o nome e o nivel de difusión doutras persoas,  pero si unha fe no que facemos  e unha capacidade de traballo enorme.

Foron máis de 500 rapaces e rapazas os que pasaron polos nosos ollos. E debo dicir que a paisaxe debuxada na zona de Vigo é realmente triste no que ao idioma se refire.

Menos de 15 rapaces eran galego falantes. O resto eran castelán falantes en exclusiva, e debo engadir que deles uns dez, aproximadamente, amosaron algún tipo de rexeite ao escoitarme falar en galego con frases como:
“Yo soy español”; ou “no vas a contarlo en español?”,  “vaya…” – isto en nen@s de 4-5 anos.
Tamén dicir que o galego, nalgúns sitios, está desprazado como segunda lingua estranxeira detrás do inglés.  Rojo – red – vermello?

E non vou culpar aos compañeiros docentes porque o problema xa ven da casa. Os culpables somos todos nós, @s galeg@s.
O traballo de desgaleguización da sociedade feito pola Xunta está a dar os seus froitos. A verdade é que neste senso debo felicitalos porque están acadando o seu obxectivo. 
O exilio do Xabarín na TVG2 é a súa lenta morte a través dun formato gastado e contidos do século pasado foi un acerto neste sentido, xa que moit@s galeg@s comezaran a medrar fai 18 anos tendo unha percepción positiva do noso idioma, por primeira vez en moito tempo debo engadir.
Non comprendo o interese que durme baixo a premisa de ser máis pobres, máis ignorantes, máis grises. Quizais a busca da homoxeneidade,  da docilidade…

A todo isto ligo o tema das minas proxectadas en Galicia, e que xa non son unha metáfora do asasinato dun pobo, dunha terra. Senón, a realización práctica e palpable deste crime.

Imos ferir directamente a terra, destruíla, esgotala, rompela e contaminala. Acabar cos bosques, cos ríos, os animais… Con todo en definitiva.
 
 

Quizais se decataron de que:
 
Os cans falan galego
e os paxaros e os gatos,
as pitas e os porcos
xogan en galego.
 
Incluso as formigas
dan as ordes en galego.
 
Tamén falan as árbores
e a ialma do vento.
 
As flores, as avellas,
as tenras bolboretas
e o rexo firmamento.
 
O tempo no seu vagar
faino en galego.
 
Todo nesta terra
latexa en galego.
 
 
 
Quizais se decataron disto, e é por iso que agora decidiron ir contra a mesma terra. Contra a alma de Galicia.

Porque ninguén pode ser tan estúpido para facer isto dende a ignorancia.

Ninguén pode ser tan cego.

É imposible.

 
 
 
Miguel Ángel Alonso Diz
 
 
 

Taboleiro do libro galego (X) (do 11 ao 25 de maio)


Taboleiro do libro galego (X) (do 11 ao 25 de maio)




 
 
 
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/05/25/taboleiro-do-libro-galego-x-do-11-ao-25-de-maio/

martes, 21 de mayo de 2013

Poema sobre foto de Ruy Man -PHOTOTRAVEL-







"A poesía é o eco da melodía do universo no corazón dos humanos."
Rabindranath Tagore




Direi que é de noite
e as almas murmuran
lembranzas húmidas
no día que durme

Ofrendas de luz e soño
descansan o seu corpo
a beira do Indo,
mentres unha muller
mantén acesa
a luz da nosa esperanza.

Todo e silencio e canto
nas súas engurras,
fíos de vida
na pel das súas dedas,
bágoas de ausencia
nas súas pálpebras.

Direi que é de noite
e que o universo murmura
lembranzas húmidas
no día que durme.


jueves, 9 de mayo de 2013

I KILL YOU



Foto: Ruy Man
 


"No é tarefa fácil educar ós xoves, adestralos, en cambio, é moi doado." Rabindranath Tagore


I kill you
Cun sorriso nos ollos secos
case sen pasado que comer
e pouco o nada que perder
no futuro imaxinado.

Luz na ollada deserto
divindade non domesticada
no peito que esperta.

Apertar o gatillo
é berrar
I KILL YOU           infancia
I KILL YOU           ollada
I KILL YOU
I KILL YOU

E un tigre baila na chaira
a danza da nosa morte,
mentres un neno aprende
o baile
cun sorriso nos ollos secos.

Todo é silencio
despois do disparo.

Abro os ollos
e aí segues ti
apuntando.


lunes, 11 de marzo de 2013

Rebentos de salitre. Exposiçao de Xacobe Meléndrez e Inma Doval en Porto



Rebentos de salitre. Exposiçao de Xacobe Meléndrez Fassbender e Inma Doval Porto, na Galería POrto Oriental de Porto.
 
Irá ser inaugurada no dia 16 de Março de 2013, pelas 16h, na Galeria Porto Oriental, onde ficará patente até ao dia 11 de Maio de 2013.
Na inauguraçao haberá un recital poetico a cargo de Carlos Vinagre, Henrique Dória, Anabela França Pais, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara, Xacobe Meléndrez e Inma Doval. Também ofereceremos um vinho galego por cortesía de arTeu.

Nesta mostra artística multidisciplinar, combinam-se trabalhos que mergulham no mar, obras de Inma Doval Porto e Xacobe Meléndrez Fassbender, artistas residentes na Galiza.

A polaridade das suas criações confronta-se e complementa-se oferecendo um jeito comum de perceber e situar-se no mundo e nas relações com o oceano, matriz e destino final.

Encontramos serenidade e reflexão nos volumes de seres marinhos, cores da paixão nas pinturas, romantismo no vídeo e o olhar espelhado e inquiridor do oceano nas fotografias.

Os sentimentos são invocados e brotam das obras e diante delas, apoiados na poesia de Bernardino Graña e Inma Doval.

Volume, luz e cor explodem cheirando a salitre.
 
 


Máis informaçao en-:
e



 

 

miércoles, 27 de febrero de 2013

jueves, 21 de febrero de 2013

o FORXADOR nas ESCOLLAS ELECTIVAS




 
 

En Allariz - libraría AIRA DAS LETRAS



 

ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía haberá os seguintes actos.
  • Magín Blanco deleitaranos co seu disco “A nena e o Grilo” (para nenos/as a partir de 3 anos). Será ás 18:00h. do sábado 23 na Fundación Vicente Risco.
  • Logo, en Torre Lombarda, presentarase o libro “Cantares Gallegos” ilustrado por Pepe Barro, terceiro volume da colección sobre Rosalía que fixo El Patito editorial. Ademais, Narf, presentará varios temas do seu novo disco (titulado “Nas noites escuras”) con poemas de Rosalía.
  • As 12 da noite do sábado, no Roi Xordo, actuarán Fdez e Quintá.
  • O domingo catro poetas (Concha Rousia, Iolanda Aldrei, Luz Fandiño e Artur Alonso) recitarán versos na honra de Rosalía acompañados polo trío de música medieval “Ars Anterga”. A lectura de poemas está aberta a quen queira participar. A actividade, se non chove, realizarase na Praza Maior ás 12:30h.
Neste enlace tedes máis información.
Os que merquedes un libro en galego na nosa libraría (o 23 e 24 de febreiro) levaredes de agasallo unha flor.

OFERTA BHARATI PÍNTEGA.

Dende o 23/02 ao 24/03 ….en Bharatipintega¡¡¡. Masaxe de pés para dúas persoas por 34 euros. Os amigos da libraría-presentando o carné- contaredes cun desconto do 5%.
Neste enlace tedes máis información.

ALLARIZ, VILA E CORTE ROMÁNTICA.

Lembrade que esta fin de semana podedes disfrutar de agasallos se vos bicades coa vosa parella. Neste enlace tedes máis información.
 




domingo, 17 de febrero de 2013



Onte meu amor
preguntáronme: “que é una xoia para ti?”
e non souben que responder,

xa que é difícil envolver en palabras
o roce dos teus beizos
contra a miña pel espida

é difícil de describir
o ollar tenro dunha estrela
... recen nacida

os primeiros paseos
e as tímidas conversas
dos domingos

Onte preguntáronme,
meu amor: “Que é unha xoia para ti?”
e non souben que dicir,

pois négome
a atrapar eses segundos
dos que nós alimentamos

a túa voz
murmurándolle á miña alma:
"ámote"

e os soños
entrelazados entre as dedas
do camiño adiviñado

Onte preguntáronme,
meu amor: “Que é unha xoia para ti?”
 

Desde la luna


Desde la Luna from Mamushka on Vimeo.

En Cambre

 
 
 


lunes, 11 de febrero de 2013

A PORTA VERDE na LIBRARÍA A LUS DO CANDIL

 
 
 

viaxe ao pais das nubes

 
 
 
 
 
recital
viaxe ao pais das nubes

 
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
sobre os mestizos libros
viaxe aos pais das nubes
e a milpa e o paliacate

encontro na cova dos ratos
o xoves 14 as 21.30
na cova dos ratos
rua romil 3

 
debuxo de pedro currás
portada do libro
viaxe ao pais da nubes

el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino


montañas e mais montañas
unha serra e outra serra
os pobos en asamblea
van cumprindo a sua palabra
comunidade con calma
que vai medindo o seu tempo
o planton e o movimento
precisan dos seus topiles
e nas marchas seguen miles
miles contra o mal goberno

como está tu corasón
saudo tzotzil

a miña viseira portuguesa
andará agora por chiapas
a viseira do mercado de oaxaca
penso que se foi a serra zapoteca
a cachucha do cipo
deixeina na serra ayuk pues
o meu corazon
repartido entre esas montañas.......

 

viernes, 8 de febrero de 2013

En LIBROS PARA SOÑAR

 
 
 
 
LIBROS PARA SOÑAR FESTEXA HOXE O ENTROIDO CUNHA SESIÓN ESPECIAL DE CONTACONTOS
 
 
Libros para Soñar súmase ás celebracións de Entroido, o venres a partir das 18:30 horas,
cunha sesión especial de contacontos á que os nenos e nenas poderán acudir cos seus disfraces.
Como vén sendo tradicional por estas datas, a libraría infantil do Casco Vello vigués
encherase de princesas, piratas, superheroes e personaxes fantásticos.
 
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

martes, 29 de enero de 2013

O raio verde. Exposición Inma Doval

 
 
 
 
Inauguración do Raio verde na Coruña
 
Exposición de pintura e escultura. Na Coruña, no Club do Mar San Amaro, Sala Aurelio Altolarrigue. Presentación a cargo de Francisco X. Fernández Naval. Viño por cortesía do Club. Ás 20 horas do mércores 6.
 


miércoles, 23 de enero de 2013

En LIBROS PARA SOÑAR

 
 
 
 
 
LIBROS PARA SOÑAR celebrará este venres 25, a partir das 18:30h, una sesión especial de contacontos na que se combinará a linguaxe oral e a LINGUAXE DE SIGNOS. A logopeda Eva G. Menduiña, profesora de audición e linguaxe no Ceip Escultor Acuña de Vigo, explicará que é a linguaxe de signos e, coa axuda da intérprete Aránzazu Casas Avendaño, contará un conto da súa autoría no que se van compaxinar os dous códigos.
http://librosparasonhar.wordpress.com/2013/01/23/contacontos-en-lingua-de-signos/
 


martes, 15 de enero de 2013

Pesentación de monicreques de Xosé Daniel Costas.




Presentarase o libro de poesía monicreques. X premio de Poesía NCG 2011. Editado polo Centro Pen Galicia na colección Arte de Trobar.
No acto estará o autor acompañado por Paz Raña e Ledicia Costas que guiarán o universo poético dos monicreques rematando nun recitado a tres voces, buscando o seu fondo teatral.

Corto Calcetin(e)s




El corto "Calcetin(e)s" protagonizado por cinco usuarios de Aspronaga y rodado en el Centro Laboral Lamastelle, el Colegio y el Club; ha sido seleccionado para optar a los Premios de la Academia Galega do Audiovisual Mestre Mateo. El proceso de elección de los nominados finaliza el próximo 30 de enero por lo que queremos darle la máxima difusión posible para apoyar al corto en su candidatura. Por eso, os animamos a ver el corto, a enseñárselo a todos vuestros conocidos y a comentarlo en las redes sociales.

Este video pertenece a enimaXes.com y ha sido compartido en Vimeo en la dirección vimeo.com/53603959 - Su pagina de facebook: www.facebook.com/calcetines.peli

jueves, 10 de enero de 2013

CULTURA CONTRA A MENTIRA



A Asociación Queremos Galego Marín, presenta o vindeiro venres 11 de xaneiro ás 20h00 na Biblioteca Municipal Vidal Pazos(Marín) CULTURA CONTRA A MENTIRA, nestes tempos revoltos no que tod@s debemos estar unidos, vén e infórmate desta interesante pero máis necesaria iniciativa!


http://axendademarin.blogspot.com.es/2013/01/presentacion-cultura-contra-mentira.html

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/01/10/cultura-mentira-echara-andar-manana/738466.html

Viagem ao pais das nuvens

O Venres, 18 de Xaneiro de 2013 ás 22:00
 
no C
afé ranholas(rua Otero Pedraio 5, Gondomar)

 
  
Fruto da colaboração entre o músico Servando Barreiro e o poeta Manolo Pipas e baseado nos livros deste último: «Viaxe ao pais das nubes» e «A milpa e o Paliacate» (nacidos da sua experiência de vários viagens e estâncias em terras de Oaxaca, Chiapas e o Anahuac, no centro de Mexico), livros ilustrados por Pedro Currás e Eva Castro, derom como resultado este trabalho a duas vozes e acompanhamento musical, donde as histórias e poemas de Manolo Pipas mesturam-se com a música e o canto de Servando Barreiro

martes, 1 de enero de 2013




Eu ben vin estar ó moucho
Enriba d' aquel penedo:
¡Non che teño medo moucho,
Moucho non che teño medo!
 
 

 
 
 
 I.

Un-ha noite, noite negra,
Com' os pesares qu' eu teño,
Noite filla das sombrisas
Alas que estenden os medos;
Hora en que cantan os galos,
Hora en que xemen os ventos,
En qu' as meigas bailan, bailan,
Xuntas có demo pirmeiro,
Arrincando verdes robres,
Portas e tellas fendendo,
Todas de branco vestidas
Tendidolos brancos pelos
Contra quen os cans oubean
Agoirando triste enterro;
Cando relumbrar se miran
Antr' os toxales espesos,
Cal encendidas candeas
Ollos de lobo famento,
E os ramallaxes dos montes
Antre sí murmuxan quedos,
E as follas secas qu' espallan
Os aires da noite inquietos,
En remuiños se xuntan
Con longo estremecemento;
Indo camiño da Igrexa,
Soya cós meus pensamentos
Cabo da fonte da Virxe
Pretiño dó cimeterio,
Dempois de sentir un sopro
Que me deixou sin alento,
Eu ben vin estar ó moucho
Enriba d' aquel penedo.



II.

Arrepuïñadas todas
As carnes se me puñeron
E os cabelos no curuto
Fórons' erguendo direitos:
Gotas de sudor corrian
Afio pó lo meu peito,
E trembaba como tremban
As auguas cando fay vento,
Ná pia da fonte nova
Que sempre está revertendo.
Aquel moucho ali fincado,
Cal si fose ó mesmo demo,
Fito á fito me miraba
Có seus ollos rapiñeiros,
Que coidei que me roubaban
Non mais que de lonxe velos,
De lume me paresian
E que me queimaron penso,
Penso qu' eran tizós roxos
Da fogueira dos infernos
Que pó las niñas me entraron
Hastr' ó corazon direitos
En el remorsos habia
D' amoriños pecadentos...
¡Ay! quen ten d' eses amores
Non pod' achar bon sosiego!

Chovia, si Dios ten augua,
Ventaba en tódolos ventos,
E ensarrapicada toda
A camiñar non m' atrevo
Qu' ó moucho fita que fita
M' aspera na quel penedo.
Mais acordeime da Virxe
Que sempre conmigo levo,
Resoll' un Ave-Maria
E cobrando novo alento,
Com' os páxaros do mare,
Nadando, paso ó regueiro,
Corro á enriba dó valado,
Brinco en baixo dó portelo,
E den' ali, berro estonces
Con cantas forzas eu teño:
Non che teño medo moucho,
Moucho non che teño medo.