viernes, 30 de diciembre de 2011

CANCIÓN DEL PIRATA

Canción del pirata

José de Espronceda
 

Con diez cañones por banda,
viento en popa, a toda vela,
no corta el mar, sino vuela
un velero bergantín.
Bajel pirata que llaman,
por su bravura, El Temido,
en todo mar conocido
del uno al otro confín.

La luna en el mar riela
en la lona gime el viento,
y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y va el capitán pirata,
cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa,
y allá a su frente Istambul:

Navega, velero mío
sin temor,
que ni enemigo navío
ni tormenta, ni bonanza
tu rumbo a torcer alcanza,
ni a sujetar tu valor.

Veinte presas
hemos hecho
a despecho
del inglés
y han rendido
sus pendones
cien naciones
a mis pies.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.


Allá; muevan feroz guerra
ciegos reyes
por un palmo más de tierra;
que yo aquí; tengo por mío
cuanto abarca el mar bravío,
a quien nadie impuso leyes.

Y no hay playa,
sea cualquiera,
ni bandera
de esplendor,
que no sienta
mi derecho
y dé pechos mi valor.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.


A la voz de "¡barco viene!"
es de ver
cómo vira y se previene
a todo trapo a escapar;
que yo soy el rey del mar,
y mi furia es de temer.

En las presas
yo divido
lo cogido
por igual;
sólo quiero
por riqueza
la belleza
sin rival.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.


¡Sentenciado estoy a muerte!
Yo me río
no me abandone la suerte,
y al mismo que me condena,
colgaré de alguna antena,
quizá; en su propio navío
Y si caigo,
¿qué es la vida?
Por perdida
ya la di,
cuando el yugo
del esclavo,
como un bravo,
sacudí.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.


Son mi música mejor
aquilones,
el estrépito y temblor
de los cables sacudidos,
del negro mar los bramidos
y el rugir de mis cañones.

Y del trueno
al son violento,
y del viento
al rebramar,
yo me duermo
sosegado,
arrullado
por el mar.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.

MAGÍN BLANCO: "O meu país" (A nena e o grilo)

miércoles, 28 de diciembre de 2011

COLECTIVO ALARICANO NA FUNDACIÓN VICENTE RISCO - ALLARIZ -

O pasado día 10 de decembro tiven a fortuna de asistir na Fundación Vicente Risco en Allariz a unha sesión do Colectivo Alaricano. Neste caso, foi Raúl Diniz que nos ensinou as técnicas empregadas na acuarela.




Raúl Diniz










Vicente Risco e fillo.


EL GRAN POEMA DE NADIE EL CAIRO

lunes, 26 de diciembre de 2011

Picasso en acción

Presentación de "Acuática alma" de Marta Dacosta


O vindeiro xoves 29 de decembro de 2011, ás 20:30 h., terá lugar na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) a presentación do libro de poesía de Marta Dacosta: Acuática alma, editado por Espiral Maior.

Na presentación participarán Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior, o escritor e director da sección de letras do IEM, Miguel Anxo Mouriño e a propia autora.
A presentación rematará cun recital dalgúns dos poemas do libro.

Obra poética de Marta Dacosta: Crear o mar en Compostela (1994, 2004), Pel de ameixa (1996), Setembro (1998), En atalaia alerta (2000), As Amantes de Hamlet, (2003). A súa obra está recollida en diversas antoloxías e foi traducida ao ruso, ao catalán ou ao español. Recibiu os premios: González Garcés 1995, Martín Códax 1998 e o accésit do premio Esquío en 1999, entre outros. Publicou o libro de viaxes Baixo Miño, 2009, e o folleto Un mar de mulleres, libro para a exposición do mesmo título, 2011. Autora de varios artigos sobre terminoloxía da natureza ou toponimia relacionada cos mamíferos mariños, investigou sobre a sintaxe do galego medieval: A coordinación no galego medieval (tese de licenciatura inédita).

A súa reflexión literaria céntrase no papel da muller escritora, na súa xeración ou no significado simbólico do mar na poesía galega e ten analizado a obra de autores como Manuel María, Victoriano Taibo ou Méndez Ferrín, sobre o que publicou a guía de lectura: Análise práctica de Con pólvora e magnolias, X. L. Méndez Ferrín. Desde 2004 colabora con diferentes medios de comunicación.




Medran as membranas interdixitais
das miñas mans palmípedas,
as miñas pernas únense,
seguindo o movemento que o corpo gardou
na memoria do caos.
Non fondo da gorxa
o osíxeno aboia na boca fechada,
pequenas burbullas de osíxeno
que aínda alimentan os cabelos de argazo,
himantalias finísimas coma serpes
na beleza de Medusa.
O meu corpo desprázase horizontalmente,
coa ondulación herdada na orixe do mar,
por entre este outono líquido,
observando o regreso do caos,
a verticalidade da auga sobre a noite
para desfacer todo o que construímos,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Son altura e refuxio, son alento ancestral
para a atmosfera líquida
que hoxe nos envolve.
Precipítome ao val,
lanzo este corpo de chuvia sobre o río furioso
para anegar muíños e pontes,
recuperar a terra nunca construída,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Corpo de río para buscar o mar,
alma de chuvia para medrar con forza,
con rabia ancestral e azul
deste mundo que xira e xira e xira
translacióninfinitamenteeterna
translación infinita da auga.

Médranme as membranas interdixitais,
desaparece a cadeira dolorida
e a columna alóngase e lembra
o movemento orixinal do mundo.
Cabelo himantalia elongata ou correa
porque a chuvia é río, é mar,
é sal, é vida
azul en movemento.
Vida que me destrúe e destrúe
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Vida que nos dá vida, que atrapa a vida
para a nosa alma de mar e area,
musgo e pedra, terra e fento,
cágado e ova,
lama e seixo
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.

Marta Dacosta

29 de decembro. Presentación libros de Ramón Caride

A LIBRARÍA AIRA DAS LETRAS, a FUNDACIÓN VICENTE RISCO
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
comprácense en convidalo/a ao acto de presentación dos libros:
Exogamia 0.3



e El frío azul
de Ramón Caride


O acto terá lugar o xoves, 29 de decembro, ás 20,00 horas,
na Fundación Risco, rúa San Lorenzo, 3 en Allariz.
Acompañarán ao autor Manolo Busto (ilustrador de Exogamia 0.3),
Alberto Canal, Jorge Emilio Bóveda e Manuel Bragado.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Colectivo Alaricano 1.0

POEMA DE LUZ FANDIÑO


 
Cada quen
               ten as
                        súas verdades
que son cribles
se levan
os sons da honestidade
e da decencia.
Se son finxidas
se desmoronan
coa evidencia.
Os máis hipócritas
pretenden colgar
ós demais
as súas propias eivas.

sábado, 24 de diciembre de 2011

M&M - Verdades como Puños "Estrea".


O pasado día 22 de decembro foi a estrea deste dúo, que cun espectáculo cómico erótico festivo,
fíxonos desfrutar.

Tivo lugar no Galo do Vento.

"Verdades como puños"

Moito talento, moita diversión no escenario.












lunes, 19 de diciembre de 2011

Uxío Novoneyra

http://vimeo.com/18743823

premer no enlace pra ver o video

FUNDACIÓN NEIRA VILAS -Entrega Premio ARUME POESÍA-Novas fotos


Aquí naceu Xosé Neira Vilas


O Forxador na Fundación



Un grande, un dos nosos.
Xosé Neira Vilas


O Forxador detrás da amiga e poeta Iolanda Aldrei



Xosé Neira Vilas


Esther, filla do Forxador seguindo o acto.



O Forxador escoitando ao mestre.


Hoxe, escribirei uns versos
na atardecida de Gres,
onde canta unha bolboreta
e durme un cempés.

A IMPORTANCIA DOS ATENEOS

A IMPORTANCIA DOS ATENEOS

Domingo, 18 de Diciembre de 2011 23:39 María José Doce Rey

Os Ateneos xorden como o Ateneo de Calígula en Roma, na Europa do século XIX como resultado da Ilustración, e á luz do seu espírito que vía no desenvolvemento e na extensión da cultura a clave do progreso cara unha sociedade mellor. Pretendíase, a través da súa actividade, non so fomentar a ciencia e as artes, senón que influír na sociedade.
Certamente, xogaron un importante papel na nosa historia. Aínda que foron estendéndose por todo o territorio español, e, xunto aos Ateneos clásicos, xurdiron Ateneos libertarios e obreiros, vou referirme, con valor ilustrativo, ao Ateneo de Ferrol.
O Ateneo dende os seus comezos é un centro onde difúndese a cultura, nalgúns momentos serviu tamén de escola que incluían métodos de pedagoxía avanzados para a época , sendo unha verdadeira universidade popular para a clase obreira de todas as idades.
Ao longo da súa vida o Ateneo gozou dun gran protagonismo na vida cultural e social na nosa cidade. Fundado en 1879, o Ateneo científico, literario y artístico, pasou por diferentes etapas e diferentes nomes, pechado no 1936 os corenta anos da ditadura franquista sempre temerosa da funesta manía de pensar, reábrese no 1976 baixo o nome actual de Ateneo Ferrolán.
A finais dos setenta, por motivos obvios, a vida social cambia e unha serie de problemáticas sociais, urbanísticas, ... atopan no Ateneo un espazo onde dende as asembleas búscanse solucións coa participación de cidadáns, colectivos, asociacións veciñais..., faise patente a necesidade de tribunas e de tertulias abertas nas que a sociedade civil, en espazos de directo contacto humano, poda aportar ideas propias independentes, non domesticadas polas estruturas de poder e interese.
O funcionamento do Ateneo é a través dunha xunta directiva, repartida en vogalías, na que todos os seus membros teñen a mesma importancia e a súa xestión pasa a ser referendada ou non, por unha asemblea xeral na que participan todos os socios e socias. Neste momento está aberto o prazo para presentar un equipo que queira asumir estas responsabilidades e é importante que participemos. O Ateneo non é un grupo de ideoloxías afines, pois hai múltiples e distantes opinións onde aprender, sendo esta mestura de ideas e accións as que fan do Ateneo un lugar verdadeiramente aberto.
O Ateneo Ferrolán, entidade sen ánimo de lucro, no terreo económico funciona basicamente polas cotas dos asociados e das asociadas, realizando actividades públicas de xeito gratuíto, autoxestionadas maioritariamente aínda que percibe axudas de institucións para actos puntuais.
As actividades do Ateneo ao longo destes anos pasan por representacións teatrais con grupos que case sempre se forman dentro da propia entidade, recitais poéticos, charlas e debates, onde dende a súa tribuna xurdiron e creáronse a maior parte dos movementos asociativos, veciñais, plataformas, colectivos, asociacións..., que hoxe en día forman o tecido social do noso entorno. Así como as actividades consolidas algunhas delas a nivel internacional: club de lectura, xornadas de curtametraxes, exposicións, xornadas da gaita, ciclos de cine, certame fotográfico, Concurso Internacional “Constantino Bellón”, e as súas diferentes publicacións destacando a edición da colección Cadernos e da revista trimestral Atenea.
Unha peza clave do Ateneo é a súa magnífica biblioteca-hemeroteca que supón unha das máis valiosas e únicas da comarca e declarada de especial interese para Galiza. Dispón de máis de 10.000 volumes, incluíndo o fondo antigo, a Hemeroteca con 450 cabeceiras de prensa, especialmente local, ademais da filmoteca e o interesante arquivo fotográfico. Hai que impulsar a Biblioteca Dixital da nosa entidade e o inventario dos bens artísticos do Ateneo.
O Ateneo Ferrolán mantense fiel ao seu lema: “Un lugar de encontro para a cultura”. Un lugar para a curiosidade que é o motor da creatividade e da ciencia. O enriquecemento de ideas e de cultura innovadora que supón o Ateneo, debe recuperarse na crítica e superación do hermetismo actual.
Os proxectos inmediatos deste Ateneo Ferrolán son a elección, como xa dixen, dunha nova directiva que sexa capaz de afrontar os retos desta nova etapa e a inauguración inminente da nova sede, logo de anos e atrancos por dispor dun espazo en condicións para poder desenvolver a súa actividade cultural e prestar un importante servizo á cidadanía como ven facendo, ademais de constituír un edificio histórico singular, que realza o patrimonio urbanístico da cidade e que se merece esta entidade con máis dun século na cidade de Ferrol como é o Ateneo.

domingo, 18 de diciembre de 2011

FUNDACIÓN NEIRA VILAS -Entrega Premio ARUME POESÍA-


Manoli Rguez e Esther Alonso



Imaxes do museo da Fundación




Valentín presentando o acto


Xosé Neira Vilas xunto co alcalde





O gañador do certame: Rafa Villar



As máis pequenas seguen atentas o acto.


Fermosa actuación musical

Presentación de CRIS FERREIRÓS en Bueu

Contos pra nenos e nenas