A IMPORTANCIA DOS ATENEOS
Domingo, 18 de Diciembre de 2011 23:39 María José Doce Rey
Os Ateneos xorden como o Ateneo de Calígula en Roma, na Europa do século XIX como resultado da Ilustración, e á luz do seu espírito que vía no desenvolvemento e na extensión da cultura a clave do progreso cara unha sociedade mellor. Pretendíase, a través da súa actividade, non so fomentar a ciencia e as artes, senón que influír na sociedade.
Certamente, xogaron un importante papel na nosa historia. Aínda que foron estendéndose por todo o territorio español, e, xunto aos Ateneos clásicos, xurdiron Ateneos libertarios e obreiros, vou referirme, con valor ilustrativo, ao Ateneo de Ferrol.
O Ateneo dende os seus comezos é un centro onde difúndese a cultura, nalgúns momentos serviu tamén de escola que incluían métodos de pedagoxía avanzados para a época , sendo unha verdadeira universidade popular para a clase obreira de todas as idades.
Ao longo da súa vida o Ateneo gozou dun gran protagonismo na vida cultural e social na nosa cidade. Fundado en 1879, o Ateneo científico, literario y artístico, pasou por diferentes etapas e diferentes nomes, pechado no 1936 os corenta anos da ditadura franquista sempre temerosa da funesta manía de pensar, reábrese no 1976 baixo o nome actual de Ateneo Ferrolán.
A finais dos setenta, por motivos obvios, a vida social cambia e unha serie de problemáticas sociais, urbanísticas, ... atopan no Ateneo un espazo onde dende as asembleas búscanse solucións coa participación de cidadáns, colectivos, asociacións veciñais..., faise patente a necesidade de tribunas e de tertulias abertas nas que a sociedade civil, en espazos de directo contacto humano, poda aportar ideas propias independentes, non domesticadas polas estruturas de poder e interese.
O funcionamento do Ateneo é a través dunha xunta directiva, repartida en vogalías, na que todos os seus membros teñen a mesma importancia e a súa xestión pasa a ser referendada ou non, por unha asemblea xeral na que participan todos os socios e socias. Neste momento está aberto o prazo para presentar un equipo que queira asumir estas responsabilidades e é importante que participemos. O Ateneo non é un grupo de ideoloxías afines, pois hai múltiples e distantes opinións onde aprender, sendo esta mestura de ideas e accións as que fan do Ateneo un lugar verdadeiramente aberto.
O Ateneo Ferrolán, entidade sen ánimo de lucro, no terreo económico funciona basicamente polas cotas dos asociados e das asociadas, realizando actividades públicas de xeito gratuíto, autoxestionadas maioritariamente aínda que percibe axudas de institucións para actos puntuais.
As actividades do Ateneo ao longo destes anos pasan por representacións teatrais con grupos que case sempre se forman dentro da propia entidade, recitais poéticos, charlas e debates, onde dende a súa tribuna xurdiron e creáronse a maior parte dos movementos asociativos, veciñais, plataformas, colectivos, asociacións..., que hoxe en día forman o tecido social do noso entorno. Así como as actividades consolidas algunhas delas a nivel internacional: club de lectura, xornadas de curtametraxes, exposicións, xornadas da gaita, ciclos de cine, certame fotográfico, Concurso Internacional “Constantino Bellón”, e as súas diferentes publicacións destacando a edición da colección Cadernos e da revista trimestral Atenea.
Unha peza clave do Ateneo é a súa magnífica biblioteca-hemeroteca que supón unha das máis valiosas e únicas da comarca e declarada de especial interese para Galiza. Dispón de máis de 10.000 volumes, incluíndo o fondo antigo, a Hemeroteca con 450 cabeceiras de prensa, especialmente local, ademais da filmoteca e o interesante arquivo fotográfico. Hai que impulsar a Biblioteca Dixital da nosa entidade e o inventario dos bens artísticos do Ateneo.
O Ateneo Ferrolán mantense fiel ao seu lema: “Un lugar de encontro para a cultura”. Un lugar para a curiosidade que é o motor da creatividade e da ciencia. O enriquecemento de ideas e de cultura innovadora que supón o Ateneo, debe recuperarse na crítica e superación do hermetismo actual.
Os proxectos inmediatos deste Ateneo Ferrolán son a elección, como xa dixen, dunha nova directiva que sexa capaz de afrontar os retos desta nova etapa e a inauguración inminente da nova sede, logo de anos e atrancos por dispor dun espazo en condicións para poder desenvolver a súa actividade cultural e prestar un importante servizo á cidadanía como ven facendo, ademais de constituír un edificio histórico singular, que realza o patrimonio urbanístico da cidade e que se merece esta entidade con máis dun século na cidade de Ferrol como é o Ateneo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario