jueves, 1 de diciembre de 2011

Vendo a miña alma (poxa de poetas)


 
Venres
Dende as 23:00 ata as 0:00
 

 
Os Poetas da Hostia, responsables dos recitais combate A Hostia en Verso, convídanvos a unha poxa de poetas que terá lugar este venres dentro da programación do Culturgal.

O acto é un recital de poesía no que ti como público tes moito que facer, pois poderás poxar polo ...teu poeta preferido e levar a súa alma como premio. Quen non quixo algunha vez ter a alma dun poeta na mesiña de noite ou no armario das medicinas? Esta é a túa grande oportunidade.

Os poetas que se locerán serán Ledicia Costas, Lucía Aldao e Daniel Landesa, poñerá música en directo Mig Seoane e presentará María Lado. As almas son unha sorpresa saída das mans e a cabeza da artista María Longa.

A poxa realizarase en poetrodólares, moeda que cotiza moi ben no parqué lírico e que vos facilitaremos á entrada do acto.

A partir das 23.00 horas no garito Pequeno Karma de Pontevedra. Agardámosche por alá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario