Ola, amigos.
Exposición Fundación Vicente Risco.
Do día 8 ao 11 deste mes varios artistas alaricanos (Colectivo Alaricano) exporán na Fundación Vicente Risco dentro da dinamización do casco de Allariz que se está tentando promover dende a iniciativa privada. Ademais da exposición farán demostracións de diferentes técnicas tal e como comentan no artigo seguinte
Pretendemos facer unhas demostracións de técnicas de pintura e gravado.Os artistas que imos participar somos: Antonio Soria,Xaime Piñeiro,Xabier Cuíñas,Seo,Eva Casado,Rául Diniz,Jorge Varela e Javier Varela. O horario de apertura estes catro días serà de 12:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 as 20:00 pola tarde.As demostracións técnicas serán pola tarde os días 8,9 e 10.O día 8 demostración de gravado litográfico a cargo de Javier Varela,a partir das 18:30H.O día 9 demostración de gravado (Linografía)a cargo de Antonio Soria,a partir das 18:30H.O día 10 demostracíón de pintura(acuarela) a cargo de Raúl Diniz a partir da misma hora.
Non volo perdades que merece a pena.
Presentación libro Medievalario e da rede social: Redelibros.
Lembrade que o venres ás 20:00h. presentamos a novela Medievalario de Fran Zabaleta dividida en 4 partes ,unha delas está ambientada en Allariz. Falaremos tamén da rede social Redelibros, primeira rede galega do libro que está a ter moito éxito.
Unha aperta.
Aira das Letras
988442324
www.airadasletras.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario