sábado, 17 de diciembre de 2011

FUNDACIÓN NEIRA VILAS -Entrega Premio ARUME POESÍA-



No día de onte, 28 de novembro de 2011, reuniuse na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, o xurado designado para o fallo do VI Premio Arume de Poesía para nenos/as.
O Xurado, composto por D. Xosé Neira Vilas, D. Valentín García Gómez, D. Xoán Andrés Fernández Castro e D. Luís Reimóndez Fernández, acordou por unanimidade conceder o premio á obra presentada baixo o título “Patente de corso (pequeno dicionario pirata)” , que unha vez aberta a plica resulta ser da autoría de D. Rafa Vilar. En opinión do xurado, Patente de Corso, composición poética con piratas bos, xoguetóns e atractivos para o público infantil. Non son corsarios violentos senón máis ben inxenuos, que mesmo esquecen cargar os canóns para librar así unhas batallas nas que ninguén se magoa. Estruturada en estrofas de 2 a 4 versos octosílabos, o autor logra imprimir un ritmo rápido e un estilo lixeiro, non por iso baleiro de contido, pois hai referencias ao galego Benito Soto, aos Camiños da Vida e mesmo á Internacional por resaltar algúns exemplos. Destaca tamén o seu léxico coidado que mestura termos tradicionais con termos piratas conseguindo un ambiente literario lúdico e apacible.
Así mesmo, o xurado acordou facer dúas mencións de honra ás obras presentadas baixo os lemas:
Verdedades da autoría de Dona Iolanda Castaño. Constitúe un canto á natureza e ás variedades botánicas feitas con cuartetas octosílabas na súa maioría nos que os pares riman en asonante. Trátase dunha composición de tipo popular para aprender poñendo en valor as grandes posibilidades que ofrece o noso medio natural.
Flores de Abruñeiros , que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de D. Alberto Calvín Corredoira. Destacouse dela unha estrofa corrida con verso popular, moi coidado na súa edición que contén dialectalismos e mesmo castelanismos que son aclarados con notas ao rodapé. Constitúe así un método instrutivo e didáctico que achega a tradición popular aos nenos/as.
O premio, está dotado con 1.000 € e a publicación da obra premiada. Entregarase mañá, día 18 de decembro 2011 nun acto público na Sede da Fundación Xosé Neira Vilas, o día 18 ás 16.30, acto emitido como ben sendo habitual estes anos, en directo por Internet dende a web da Fundación.

http://www.fundacionxoseneiravilas.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario