BUMMMMMMMMM!!!!!
A escopeta espetoume contra o chan
coma o anano que era.
Catro anos, catro,
e a arma fumegaba ao meu carón
cansa despois do esforzo.
Berros na habitación debuxaban
ollos confundidos
de figuras en estraño escorzo.
Bagoas no ar da tarde
e nas bagoas, medo
esparexido pola estancia
conxelada e fría dende aquela.
Souben do perigo das armas
vendo aquel burato no teito
e dende ese intre
deixei de xogar ás pistolas.
"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
domingo, 20 de febrero de 2011
lunes, 14 de febrero de 2011
sábado, 12 de febrero de 2011
sábado, 5 de febrero de 2011
O MELLOR DO 2010
O mellor do 2010.
Sétimo andar, poesía alén considerado entre os mellores libros do ano pasado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)