jueves, 25 de febrero de 2010

Poemas pequenos - II -

Hai unha árbore no meu eido
que se resiste a saír,
é moi tímida e da pobre
só asoma o nariz.

Eu régoa tódolos días
antes de ir a durmir
pero ela sigue agochada
dentro da súa raíz.

Agardo que nunca se sinta soa
e coñeza o que é sufrir;
por min que siga agochada
se con iso é feliz.

lunes, 22 de febrero de 2010

Alí estabas, ou non?
como unha deusa inaccesible
mentres te espías diante da miña tristeza.

Alí estabas, ou non?
amosando as túas entrañas
con exquisita delicadeza.

Alí estabas, ou non?
afundindo os meu soños con saña
e con viril dureza.

E pensei:

quero arrincarme os ollos
ante os teus ollos
aínda que non esteas

deixar que me afogue a marea
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
que rompe coas recen paridas palabras
dos teus beizos as cadeas,
que me manteñen preso
ao inmóbil horizonte do firmamento.

Alí estabas, ou non?
mentres unha tormenta xurdía do meu peito
para acabar afogándose no meu escroto.

Alí estabas, ou non?
mentres eu recollía o corazón desfeito
para agochalo no meu peto roto.

E pensei:

quizais só son un onanista, un covarde,
unha sombra nunha cova, que arde
condenado a ser unha gris pedra sen nome

sen bágoas coas que alimentarse
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
mentres as cadeas foron trepando
por riba de min como paxaros invisibles,
e eu non desconfiei
cando os meus ollos se pecharon.

Alí estabas, ou non?
Mentres me masturbaba con reflexos sen vida,
estéril, inmóbil, como o horizonte do firmamento.

Alí estabas, ou non?
mentres me torturaba diante de ti como un orfo,
un orfo de min (fría estatua enfraquecida).

E pensei:

Estou cheo de cadeas
que foron trepando por riba de min,
como paxaros invisibles,
e non desconfiei!
porque son o máis ananos dos ananos

E cando as mans trataron de andar
xa era tarde, inverno,
e tratei de loitar
pero só foi un momento
porque son o máis anano dos ananos
e non me merezo!.

Alí estabas, ou non?
mentres eu debullaba este momento
e recollía do chan os anacos
que transportaba o silencio.

E pensei:

quero arrincarme os ollos
ante os teus ollos
aínda que non esteas

deixar que me afogue a marea
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
que rompe coas recen paridas palabras
dos teus beizos
as cadeas que me manteñen preso
ao inmóbil horizonte do firmamento.

E alí estabas, ou non?
mentres o tempo camiñaba os poucos,
case a tentas.

E alí estabas, ou non?
mentres eu suxeitaba ós soños
co fío das miñas veas...

e tratei de loitar
pero só foi un momento
porque son o máis anano dos ananos
e non me merezo!.

E pensei:

quero cravarme unha lanza nas costelas
quero sangrar!
ver saír a vida delas

a dor, doce golpe que esperta,
tan forte que a alma esquecida
chore polas cuncas baleiras
e ti...

unha deusa inaccesible
mentres te espías diante da miña tristeza.

Poemas desherdados
Amor, ¿por qué este acento
es mi tormento,
y mi palabra su sustento
y mi voz un lamento?.

Amor, ¿por qué no siento
en mis ojos aliento,
ni en mi corazón sentimiento,
ni en mi descanso alimento?.

Amor, creme lo intento,
pero este triste momento
nunca se lo llevará el viento.

¿Amor…?


Poema de Sete máis Siete
Chove, no outono galego
bagoas que son vida
para o eterno labrego.

Caen, no outono galego
follas que pingan o chan
de dourados veleiros.

E pola tardiña
xogan os nenos,
neste eterno outono galego,
co vento que ispe as arbores
dos seus amados segredos.

E pola tardiña
eu soño entre as lembranzas,
deste eterno outono galego,
con que aínda son un deses nenos
entre dourados veleiros.


Poema de Sete máis siete

domingo, 21 de febrero de 2010

Man curtida, ferida contra o vento,
consumida polo sal invisíbel
que a roza.

Man cómplice, que sosten o alimento
das noites imposibeles
de fría verba morta.

Man de mariñeiro! man de mar!
mar de centos!

cantas noites en tus engurras!
cantos soños no teu leito!



Por un segundo fun libre....
na tarde máxica que me envolveu,
co murmurio poético dos soños
que nese espazo atopei...

jueves, 11 de febrero de 2010

Meu amor...

non lembro como era a vida
antes da túa vida

non lembro se a lúa cantaba
ou o sol durmía

non lembro se as árbores falaban
ou o mar ruxía

non lembro meu amor,
como era a vida
antes da túa vida.
Deixeime!
arrinqueime a pluma
que tiña cravada na alma
e deixeime!

levar por unha corrente
sen palabras,

e perdinme!
na máis escura das escuridades,
e encontreime!
agochado nun verso esquecido,
e odieime!
pola miña covarde mirada ausente,
e xulgueime!
con tal dureza que
condeneime!
e craveime de novo a pluma
e deixeime!
atrapar de novo pola palabra,
e envolvinme!
na miña capa de tristeza
e ameime!
e voltei de novo a esquecerme
e deixeime!!

VOUTE MATAR


Árdenme os dedos no bico dos teus peitos hercúleos mentres murmúreas palabras que non comprendo, e unha bagoa vagabunda esvaecese do meu rostro deixando tras de si, a derradeira pegada de humanidade que me restaba.

Voute matar, como tantos outros te mataron antes. Vou a atravesala túa alma sen sequera lembrar o teu falso nome. Vou a roubar un anaco de ti para agochalo no caixón das putas.

E ti, dende o que será o teu cadaleito ollas para min

Poemas Mieróticos

MÁXICO INTRE PRECOZ

Aos golpes, modelo o teu corpo co meu mazo de cobre, debuxando figuras no teu interior que esperta, voa e dorme, mentres te axitas en celo neste eterno oscilar doce.
E xemes, cando a miña composición torna nun rítmico allegretto de sortes. E soan os tambores do leito no chan, que dobra ante o goce das nosas voces in crescendo, a altas horas da noite.

Dálle – murmúreas o meu oído.Meu paladín do suave forte roce.

E eu, me deteño cando sinto o calor que sobe do fondo do meu interior cara o teu, que esperta, voa e dorme.

Dálle!, non te deteñas!- berras mentres agatuñas a húmida pel que me cobre.

E eu, busco derrotado o descanso dos teus peitos coa voraz fame dun pobre…


Poemas Mieróticos

CARTA DESDE LAS SOMBRAS II

1/7/2004

Cariño, ¿cómo decir tanto en tan corto espacio?. Aquí, las horas se clavan en los ojos construyendo descomunales muros de tristeza que amenazan con borrar de nuestras desgastadas pupilas cualquier recuerdo de esperanza.
Incluso tu rostro, antes hercúleo faro luminoso, se desvanece en este inmenso mar de arena muerta.

Cariño, en momentos como este siento una serpiente que carcome mis entrañas con un extraño dulzor que me asusta. Tengo miedo…

Sé que solamente restan unos meses para sentir el roce de tus brazos…

Sé que solamente restan unos meses que se me antojan demasiado largos…

Nos dormimos por la muerte acunados, nos levantamos de la mano de sus susurros. Tengo miedo…

Sino vuelvo que sea tu recuerdo mi última mirada, y tu nombre en mis labios, mi última palabra.

CARTA DESDE LAS SOMBRAS

Cariño, ¿cómo decir tanto en tan corto espacio?. Aquí los niños, desnudos, pasan hambre, y en sus manos no hay juguetes; y en su pecho la guerra arde. Sus ojos son silencios, y en su lengua no existe la palabra madre. Todo es tristeza y desierto, en este lugar donde Dios no hace alardes. En la noche respiramos miedo; en el día se percibe un temor constante.

Te echo de menos mi amor, lo sabes. Pero no sabes, cuánto te echo de menos.

Tu regazo parece un sueño que surge entre la niebla de los combates, y me resisto a creer que esta luna sea la misma que ilumina nuestros campos. Parece más bien un reflejo pálido, una mala copia teñida de un rojo trágico; y no aquella en la que prometíamos vernos dibujados.

Cariño, ¿cómo decir tanto en tan corto espacio?. Deseo abrir los ojos y despertar de este invierno lleno de calor amargo. Sentir tu brisa, bañarme en tus arenales blancos.

Solamente unos meses para sentir el roce de tu ría.

Solamente unos meses que se me antojan demasiado largos.

Sino vuelvo que sea tu recuerdo mi última mirada, y tu nombre en mis labios, mi última palabra.