lunes, 22 de febrero de 2010

Chove, no outono galego
bagoas que son vida
para o eterno labrego.

Caen, no outono galego
follas que pingan o chan
de dourados veleiros.

E pola tardiña
xogan os nenos,
neste eterno outono galego,
co vento que ispe as arbores
dos seus amados segredos.

E pola tardiña
eu soño entre as lembranzas,
deste eterno outono galego,
con que aínda son un deses nenos
entre dourados veleiros.


Poema de Sete máis siete

No hay comentarios:

Publicar un comentario