lunes, 29 de agosto de 2011

Ateneo Ferrolán: Final do XX Concurso de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011


O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do  XX Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2011

DATA: mércores día 31 de agosto de 2011

FINAL do XX Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”

HORARIO: 8,30 tarde. LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.

Entrada libre e gratuíta (recollida de entradas na taquilla do Teatro Jofre)




miércoles, 24 de agosto de 2011

CHARLA PANIFICADORA


Saude a todxs!


Este xoves, 25 de Agosto, a partir das 20:00 Entremos na Panificadora atoparáse no local da AC Bou Eva, no Tercio de Fora 11.

O deste verán, será unha pequeno encontro; no que ademáis de proxectarse o documental "Panificadora", haberá unha pequena presentación sobre a plataforma e as perspectivas para entrar na Panificadora, que se abrirá nun coloquio sobre as expectativas de rehabilitación e reutilización deste e outros elementos do Patrimonio Industrial vigués.

Coma sempre, finalizarase compartindo conversa, empanada e algo de viño.

Moitas garacias e ata pronto!

Ligazón ao inventario histórico do patrimonio industrial da Ría de Vigo:
http://www.entremosnapanificadora.com/inventario/



sábado, 20 de agosto de 2011

O FORXADOR E A SÚA FILLA SEGÚN LUZ BELOSO


Luz Beloso ademais dunha marabillosa persoa é profesora de educación plástica no I.E.S. As Barxas, ilustradora e pintora.

sábado, 13 de agosto de 2011

miércoles, 10 de agosto de 2011

I Encontro de Escritores da Lusofonía




I Meeting of Lusophone Writers from Arte Institute on Vimeo.

De aldeanos (De aldeáns)


REFLEXIÓN DO DÍA

pq non hai parques como os dos nenos pra os maiores nos centros comerciais??.. eu estiven un chisco da tarde xogando cos nen@s... metido dentro dun labirinto cheo de bolas de goma...paseino fenomeno ante a ollada seria dos chamados adultos... (neno 1 - adulto 0) e penso ... tio, non te estarás volvendo perigoso!! tes que comportarte como o resto do rebaño...


Amparanoia & Tiken Jah Fakoly - Plus Rien Ne M'Etonne





Tiken Jah Fakoly é un cantante de reggae de Costa de Marfil. Nas súas cancións fala das inxustizas sociais que se cometen no mundo, como a pobreza e a discriminación. Tamén fala das falsas promesas que fan os políticos. Nunca se cortou nin un pelo á hora de denunciar os abusos dos políticos e as manipulacións das multinacionais en África, e particularmente no seu país, que vive nunha situación de caos político, segregación racial, desorde público, decadencia económica, crise de esperanza. Este compromiso abnegado tróuxolle numerosos problemas e ameazas físicas, incluidos intentos de asesinato. Cando lle queimaron a súa casa, decidiu exiliarse. Nesta canción, que canta con Amparo Sánchez (voz do grupo Amparanoia) di verdades como puños.


sábado, 6 de agosto de 2011

ISGA collective - Redeira