sábado, 30 de enero de 2010

Adiviño baixo a túa camisa
uns incertos peitos
que asoman á vida,
causa da miña condena
ou da miña redención.

Froita aínda tenra
dunha árbore ergueita,
causa das miñas penas
ou do meu perdón.

E non queda nada de inocencia
na mirada que te atravesa
con desexo descoñecido.

Soamente penso en baleirar
a miña alma en ti,
encher eses peitos de estrelas
que alumeen o fresco luceiro da alba.

Morrer en ti,
na túa aperta efervescente
levar os meus dedos
polo tremor inconsciente
dun amor prohibido,
instintivo.

E non queda nada de inocencia
na mirada que te atravesa
con desexo descoñecido.

Quizais estou tolo
o quizais, son un animal ferido
pola loucura dun amor
que eu cría esquecido.


Poemas Mieróticos
Acabas de marchar
e xa te boto de menos.

Aínda o noso leito
conserva as túas formas
e xa te boto de menos.

Aínda o teu calor me alimenta
e xa te boto de menos.

Aínda os meus ollos
conservan o teu reflexo
e xa te boto de menos.

¡Canto te boto de menos!.

E aínda escoito o teu latexar
que se perde no tempo.


Poemas Mieróticos

BADALADA DE AMOR

Gustaríame quedar
eternamente pendurado
dos teus beizos.

Coma o badalo
dunha campá,
faría treme-lo teu peito
co meu borboriño.

Faríache axita-la boca
co pracer que provoca
unha procura sen final.

E perseguiría os teus segredos
con renovada ansía,
con verdadeiro anhelo.

E xa nada sería igual
no teu mundo de xeo.



Poemas Mieróticos

sábado, 23 de enero de 2010

OROGRAFÍA CÓRPOREA

Ahí te teño

diante de min

Espida

E aínda podo observar

os sinais da batalla perdida

na túa orografía.


Ahí te teño

diante de min

Núa

Chea como unha lua

dos meus máis escuros desexos.

E aínda agora,

despois de percorrer toda

a túa orografía

coa miña ollada rendida,

non acerto a comprender

os signos agochados

nos teus recunchos,

fartos da miña esencia baldía.

Ahí te teño

nesta noite de cega loucura,

e aínda sigo sen comprender

as claves que encerran

a túa fermosura.

Poemas Mieróticos