sábado, 30 de enero de 2010

Adiviño baixo a túa camisa
uns incertos peitos
que asoman á vida,
causa da miña condena
ou da miña redención.

Froita aínda tenra
dunha árbore ergueita,
causa das miñas penas
ou do meu perdón.

E non queda nada de inocencia
na mirada que te atravesa
con desexo descoñecido.

Soamente penso en baleirar
a miña alma en ti,
encher eses peitos de estrelas
que alumeen o fresco luceiro da alba.

Morrer en ti,
na túa aperta efervescente
levar os meus dedos
polo tremor inconsciente
dun amor prohibido,
instintivo.

E non queda nada de inocencia
na mirada que te atravesa
con desexo descoñecido.

Quizais estou tolo
o quizais, son un animal ferido
pola loucura dun amor
que eu cría esquecido.


Poemas Mieróticos

No hay comentarios:

Publicar un comentario