Biblioteca Xosé Neira Vilas: Programas escolares. Encontro con Miguel Ángel Alonso Diz :
Na mañá de onte, os alumnos de 1º de primaria do CPR Martín Códax , que visitaron a biblioteca dentro dos nosos Programas escolares.
"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
miércoles, 27 de febrero de 2013
domingo, 24 de febrero de 2013
jueves, 21 de febrero de 2013
En Allariz - libraría AIRA DAS LETRAS
ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA
Para celebrar o día de Rosalía haberá os seguintes actos.- Magín Blanco deleitaranos co seu disco “A nena e o Grilo” (para nenos/as a partir de 3 anos). Será ás 18:00h. do sábado 23 na Fundación Vicente Risco.
- Logo, en Torre Lombarda, presentarase o libro “Cantares Gallegos” ilustrado por Pepe Barro, terceiro volume da colección sobre Rosalía que fixo El Patito editorial. Ademais, Narf, presentará varios temas do seu novo disco (titulado “Nas noites escuras”) con poemas de Rosalía.
- As 12 da noite do sábado, no Roi Xordo, actuarán Fdez e Quintá.
- O domingo catro poetas (Concha Rousia, Iolanda Aldrei, Luz Fandiño e Artur Alonso) recitarán versos na honra de Rosalía acompañados polo trío de música medieval “Ars Anterga”. A lectura de poemas está aberta a quen queira participar. A actividade, se non chove, realizarase na Praza Maior ás 12:30h.
Os que merquedes un libro en galego na nosa libraría (o 23 e 24 de febreiro) levaredes de agasallo unha flor.
OFERTA BHARATI PÍNTEGA.
Dende o 23/02 ao 24/03 ….en Bharatipintega¡¡¡. Masaxe de pés para dúas persoas por 34 euros. Os amigos da libraría-presentando o carné- contaredes cun desconto do 5%.Neste enlace tedes máis información.
ALLARIZ, VILA E CORTE ROMÁNTICA.
Lembrade que esta fin de semana podedes disfrutar de agasallos se vos bicades coa vosa parella. Neste enlace tedes máis información.martes, 19 de febrero de 2013
domingo, 17 de febrero de 2013
Onte meu amor
preguntáronme: “que é una xoia para ti?”
e non souben que responder,
xa que é difícil envolver en palabras
o roce dos teus beizos
contra a miña pel espida
é difícil de describir
o ollar tenro dunha estrela
... recen nacida
os primeiros paseos
e as tímidas conversas
dos domingos
Onte preguntáronme,
meu amor: “Que é unha xoia para ti?”
e non souben que dicir,
pois négome
a atrapar eses segundos
dos que nós alimentamos
a túa voz
murmurándolle á miña alma:
"ámote"
e os soños
entrelazados entre as dedas
do camiño adiviñado
Onte preguntáronme,
meu amor: “Que é unha xoia para ti?”
preguntáronme: “que é una xoia para ti?”
e non souben que responder,
xa que é difícil envolver en palabras
o roce dos teus beizos
contra a miña pel espida
é difícil de describir
o ollar tenro dunha estrela
... recen nacida
os primeiros paseos
e as tímidas conversas
dos domingos
Onte preguntáronme,
meu amor: “Que é unha xoia para ti?”
e non souben que dicir,
pois négome
a atrapar eses segundos
dos que nós alimentamos
a túa voz
murmurándolle á miña alma:
"ámote"
e os soños
entrelazados entre as dedas
do camiño adiviñado
Onte preguntáronme,
meu amor: “Que é unha xoia para ti?”
lunes, 11 de febrero de 2013
viaxe ao pais das nubes
recital
viaxe ao pais das nubes
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
sobre os mestizos libros
viaxe aos pais das nubes
e a milpa e o paliacate
encontro na cova dos ratos
o xoves 14 as 21.30
na cova dos ratos
rua romil 3
debuxo de pedro currás
portada do libro
viaxe ao pais da nubes
viaxe ao pais da nubes
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino
montañas e mais montañas
unha serra e outra serra
os pobos en asamblea
van cumprindo a sua palabra
comunidade con calma
que vai medindo o seu tempo
o planton e o movimento
precisan dos seus topiles
e nas marchas seguen miles
miles contra o mal goberno
como está tu corasón
saudo tzotzil
a miña viseira portuguesa
andará agora por chiapas
a viseira do mercado de oaxaca
penso que se foi a serra zapoteca
a cachucha do cipo
deixeina na serra ayuk pues
o meu corazon
repartido entre esas montañas.......
viernes, 8 de febrero de 2013
En LIBROS PARA SOÑAR
LIBROS PARA SOÑAR FESTEXA HOXE O ENTROIDO CUNHA SESIÓN ESPECIAL DE CONTACONTOS
Libros para Soñar súmase ás celebracións de Entroido, o venres a partir das 18:30 horas,
cunha sesión especial de contacontos á que os nenos e nenas poderán acudir cos seus disfraces.
Como vén sendo tradicional por estas datas, a libraría infantil do Casco Vello vigués
encherase de princesas, piratas, superheroes e personaxes fantásticos.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
miércoles, 6 de febrero de 2013
martes, 5 de febrero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)