"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
miércoles, 10 de agosto de 2011
Amparanoia & Tiken Jah Fakoly - Plus Rien Ne M'Etonne
Tiken Jah Fakoly é un cantante de reggae de Costa de Marfil. Nas súas cancións fala das inxustizas sociais que se cometen no mundo, como a pobreza e a discriminación. Tamén fala das falsas promesas que fan os políticos. Nunca se cortou nin un pelo á hora de denunciar os abusos dos políticos e as manipulacións das multinacionais en África, e particularmente no seu país, que vive nunha situación de caos político, segregación racial, desorde público, decadencia económica, crise de esperanza. Este compromiso abnegado tróuxolle numerosos problemas e ameazas físicas, incluidos intentos de asesinato. Cando lle queimaron a súa casa, decidiu exiliarse. Nesta canción, que canta con Amparo Sánchez (voz do grupo Amparanoia) di verdades como puños.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario