jueves, 11 de febrero de 2010

MÁXICO INTRE PRECOZ

Aos golpes, modelo o teu corpo co meu mazo de cobre, debuxando figuras no teu interior que esperta, voa e dorme, mentres te axitas en celo neste eterno oscilar doce.
E xemes, cando a miña composición torna nun rítmico allegretto de sortes. E soan os tambores do leito no chan, que dobra ante o goce das nosas voces in crescendo, a altas horas da noite.

Dálle – murmúreas o meu oído.Meu paladín do suave forte roce.

E eu, me deteño cando sinto o calor que sobe do fondo do meu interior cara o teu, que esperta, voa e dorme.

Dálle!, non te deteñas!- berras mentres agatuñas a húmida pel que me cobre.

E eu, busco derrotado o descanso dos teus peitos coa voraz fame dun pobre…


Poemas Mieróticos

No hay comentarios:

Publicar un comentario