domingo, 20 de febrero de 2011

BUMMMMMMMMM!!!!!




A escopeta espetoume contra o chan


coma o anano que era.






Catro anos, catro,


e a arma fumegaba ao meu carón


cansa despois do esforzo.






Berros na habitación debuxaban


ollos confundidos


de figuras en estraño escorzo.






Bagoas no ar da tarde


e nas bagoas, medo


esparexido pola estancia


conxelada e fría dende aquela.






Souben do perigo das armas


vendo aquel burato no teito


e dende ese intre


deixei de xogar ás pistolas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario