sábado, 9 de julio de 2011

PRESENTACIÓN "ANTÍTESE NATIVA" EN PONTEVEDRA


Unha situación extrema, unha terra esmorecendo (ou esmorecida)... O zunido dos viraventos imposibilitando o sono cada vez que pousamos a orella no chan. A organización social en tribus. O espectro que toma como propios os xacementos da sociedade da intuición. En "Antítese nativa"; os personaxes percorrer o territorio nun exercicio de gnose; dialogan cos petróglifos e a chatarra ciscada... o fogar é irrecoñecíbel. O libro ten influenzas da recreación espacial de H.G. Wells e Jules Verne na ficción ou de Giuseppe Penone en escultura, na praxe fenoménica New Age que está por todas partes no poemario, o anarquismo primitivista (as imaxes de Carpentier ou de Sèdar Senghor), a revelación bíblica, Yves Bonnefoy, ou a síntese contraria ao que se podería denominar "acto do que nace", do que está por vir...Quizabes algún día vexamos cos nosos propios oolos as imaxes que aquí se encontrarn, aínda que, ben é certo... non semella todo isto... o éxodo presto a comezar?


Hora Luns, 18 de Xullo · 20:30 - 23:30



Lugar Libraría Michelena
--------------------------------------------------------------------------------


Máis información Lanzamento do libro de poemas "Antítese nativa" de Manuel L. Rodrigues... na Libraría Michelena en Pontevedra. O acto, que será o luns 18 de Xullo ás 20:30, contará coa presenza de Ramón Blanco Fernandez (Acha Escrava Editora), Manolo do Río (crítico literario membro do Colectivo Sacou) e o autor Manuel L. Rodrigues.


Farase unha breve presentación e exposición das chaves para comprender o libro, así como un pequeno recital de poemas e sinaturas por parte do autor.


Os interesados poderán poderán mercar, se así o desexan, exemplares do "Antítese nativa" no mesmo acto.














No hay comentarios:

Publicar un comentario