A Casa de Turismo Rural Casa Arpón deuse a coñecer a obra gañadora do VI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. A obra gañadora foi “carnia haikai”, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro Tobío. O Premio foi entregado polo Alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro Novo.
O galardón está dotado con 1.000 €, que aporta o Concello de Malpica, a publicación da obra, que realiza a A.C. Caldeirón, e unha noite na Casa de Turismo Rural Casa Arpón, por cortesía deste establecemento
No hay comentarios:
Publicar un comentario