sábado, 15 de diciembre de 2012

PROCEDEMENTO DE COMPRA EN VERKAMI


 
 
 
 
 
 
 
Dada a importante cantidade de preguntas sobre Verkami procedo a explicar en que consiste:

Grazas a VERKAMI podemos sacar adiante o libro e poder afrontar os custos de edición.
(Parte deles neste caso).

 
 O cullarapo Croque sacámolo así. Xa que ambos casos son iniciativas de autoedición encadradas dentro dos Q de Vian cadernos da Porta Verde do Sétimo Andar. E polo tanto, está fora dos carreiros e filtros tradicionais.
 
Temos 40 días para como mínimo acadar o diñeiro establecido no proxecto. Se pasado ese tempo non o conseguiramos pois o libro non iría adiante, e non se lle cobraría nada a aqueles que fixeron un compromiso de aportación.
Como contraprestación por mercalo antes da súa saída existen unha serie de vantaxes como: prezo máis económico, láminas asinadas, agradecementos en diversas plataformas, e sorpresas que poden por os autores etc..
 
Ademais da satisfacción propia por contribuír neste caso a que un libro cobre vida. Xa que vós sodes os mecenas que dende un principio dades vida e sentido a todo o proceso.

No noso caso a sorpresa consistiu na entrega persoalmente do libro por parte dun dos autores. Isto na medida en que a proximidade xeográfica o permitía. Fíxémolo co anterior e as persoas sorprendíanse polo feito de que un dos autores viñera a entregalo...
 
EU PASEINO MOI BEN, ADEMAIS DE COÑECER MOITAS PERSOAS.

Nesta ligazón podedes contribuír: 
 
Solicita un nome de usuario e un correo electrónico co seu contrasinal para rexistrarse.
Isto serve para que nos poidamos por en contacto convosco posteriormente, e poder proceder ao envío do libro, etc..
 
A merca faise como as entradas de cine. Dando o nº de tarxeta, a data de caducidade, e o código de seguridade, que son as 3 últimas cifras que estan na parte de atrás da tarxeta. 
 
O cargo realizase pasado os 40 días, sempre que se acade o obxectivo, en caso contrario, non habería cargo algún.

 Xa recibín algúns correos de persoas que prefiren que llo faga eu e eles ingresarme a min os cartos ou darmos en man.
 
Eu insisto en que é seguro, pero se preferides este xeito tampouco teño problema.
Calquera outra dubida xa sabedes!!

BICOS A MOREAS E MOITAS GRAZAS POR PREGUNTAR, DIFUNDIR E APOIAR

1 comentario:

  1. Persoalmente direi que iniciativas coma a de Verkami permiten nacer libros como "O CULLARAPO CROQUE".
    Un libro case esgotado en 6 meses de vida; un dos máis vendidos na feria do libro de Vigo 2012; un libro que foi acollido con agarimo por crítica e lectores; un libro que seguramente non se tería publicado se non for polas persoas que o apoiaron pola rede.

    En definitiva, un libro que non lle pertence a ningunha editorial, nin aos autores... un libro voso.

    O noso agradecemento.

    Luz Beloso-Miguel Ángel Alonso

    ResponderEliminar