jueves, 8 de octubre de 2009

POEMAS EN LOITA -XIX-

SOMBRAS

Sombras que feren
que cravan
seus dedos retortos
na nosa mirada

Sombras que foxen
que mancan
co seu ser morto
á cidade esgotada.

Sombras que tremen
que bailan
enriba dos orfos cidadáns
de alma engaiolada.

E é nestas sombras
onde atopo a ollada
sempre silandeira
na infinda aballoada.

E é nestas sombras
onde me agocho as caladas
baixo este amencer de medos
e tristeza labrada.

Sombras que baten
que brúan que falan

Malditas sombras que doen!
Malditas sombras que mancan!

2 comentarios:

  1. Desexarche boas vindas é o mínimo que podo facer, malia non ter coincidido no último recital da Porta Verde no Uf!

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Mariola. Coincido con Alfonso ó dicir que desexamos que veñas este mes.

    Unha aperta do teu amigo na cultura.

    ResponderEliminar