viernes, 16 de octubre de 2009

TEXTO DA PRESENTACIÓN NA PORTA VERDE

NO LIMIAR DA PORTA VERDE

Chámome Miguel Ángel, e quero comezar esta intervención agradecendo a todos e cada un de vos este espacio, e sobre todo o café UF por acollernos.

Devecía por estar convosco e dese modo poder pagar a débeda contraída coa xenerosidade das vosas voces tan diferentes coma necesarias.

Onte, por non dicir, fai dous meses, fun convidado a atravesar unha verde porta que me lembraba cos seus murmurios que na escuridade desta cidade, aínda hai un recuncho no que as gorxas loitan contra o silencio que ameaza con volvernos a todos mudos e tolos; cegos!, coma vellos naufraxios sen espírito, durmidos no interior dunha balea que non parimos, pero a que alimentamos co noso covarde ollar indiferente.

Gracias de novo a todos, e benvidos a cidade escura.


Vigo 13/06/2009

3 comentarios:

  1. É un pracer,ata diría un luxo, poder lerte máis a miudo (inda conservo aquel "libro" fotocopiado ás agochadas da xefa...lémbraste?)
    Dende xa,podes considerarme unha fan do teu blog....
    Moita sorte, meu.
    Bicos e apertas pra ti e as túas nenas...

    ResponderEliminar
  2. É un pracer, ata diría un luxo,poder lerte máis a miúdo (aínda conservo aquel "libro" fotocopiado ás agochadas da xefa...lémbraste?)
    Dende xa,podes considerarme unha fan deste blog e das túas verbas.
    Moita sorte, meu.
    Bicos e apertas pra ti e as túas nenas...

    ResponderEliminar
  3. Claro que me lembro amiga. Eramos novos os dous... tamén me lembro dos poemas que regalaches de Mario Benedetti e que aínda conservo.

    Unha aperta dende esta forxa do teu humilde servidor.

    ResponderEliminar