Caeron as túas mans
sobre o meu corpo espido
e unha neboeira de dubidas
xurdiron do meu ventre
...o ceo tornou en canto
e un paxaro invisíbel
sucou a miña pel medorenta
sentín a túa chamada
e o cabo souben teu nome…
Violeta!
A miña amiga Violeta Suárez Araúxo, cuia foto inspiroume estes versos...
Hola! Gústame o poema. Penso en canto a forma que é un poema que está coas tendencias actuáis: Poema corto, verso corto de palabras sinxelas, como un flas pero que ten moita forza.
ResponderEliminarGrazas.
Grazas a ti Fernando!!!!... agradecese o comentario e moito. Unha aperta!
ResponderEliminar