sábado, 2 de abril de 2011

De Noia a Madrid pasando por Ana Cibeira

A pasada noite, Colectivo Sacou e a Porta Verde do Sétimo Andar xúntaronse nun acto de presentación de ambos proxectos, no que a poesía tivo un papel principal. Cartafol do serán foi o título da iniciativa, na que se derón a coñecer as últimas propostas dos colectivos.




E o día 9, a librería La Marabunta de Lavapiés, barrio castizo madrileño, acollerá a presentación das dúas últimas publicacións dA Porta Verde do Sétimo Andar. Aló estaremos da man da compañeira Ana Cibeira.



Outra das novas importantísimas, é a publicación de Ana do seu primeiro libro de poemas, Pintalabios. Edita Toxosoutos os poemas de Ana que, malia ter unha actividade frenética dende hai anos no mundo da creación tanto literaria como plástica e virtual, aínda non tivera a oportunidade de plasmar a súa obra nun libro. Desta volta, Toxosoutos aproveitou a oportunidade de sacar todo o xenio desta poeta, á que lle auguramos un moi próspero futuro con este o seu novo proxecto.




Ana Cibeira titula este libro Pintalabios, como unha chamada de atención sobre o que perdeu xa a categoría de excepcional revisando, a un tempo, o seu simbolismo, máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Válese así dos tres elementos precisos para realizar o ritual: lapis, pintalabios e algodón -que son tamén as tres partes-materia en que se organiza o volume- e converte ao xesto nun deliberado reclamo sobre a boca, ese vestíbulo do corpo polo que entra o alimento e saen as palabras, o territorio macio onde interactúan en forma de beixo dous seres, o “cálido fogar/ aberto rabuño na carne/ delicada ó sul da face” -como fermosamente escribe a autora- que nos permite o sorriso, se contrae na dor e censura o pranto.



(do limiar de Teresa Seara)




http://www.toxosoutos.com/detalle_producto.php?&cok=ok&len=2id=418&id=418&p=1&cat=16&txt=
 
P.E. Plaxiado descaradamente do meu amigo Alberte Momán.

3 comentarios:

  1. ole ole ole!!! que semana, que abril!!! mil grazas Miguel por todo o apoio e os versos e diversións compartidas! o sa´bado máis!!! que marabilla o de Noia!!! muaaaa,
    A

    ResponderEliminar
  2. ole ole ole Miguel, graaazas pola celebración e a poesía compartida!!! xa vos quero aquí na túa casa tamén! conto as horas!!! un bico enorme! Ana

    ResponderEliminar
  3. Pasándome unha vez máis por aquí. Un forte saudo.
    Patricia Arias.

    ResponderEliminar