Na gran sala dos Ministerios escoitase un murmúreo de pequenas, medianas e até altas voces en posición de desaprobación.
- Non é posíbel!.
- Infame!!
- Como se atreve?
No medio do coro de voces un neno de ollada espida sostén nos seus brazos un pequeno e vello libro que berra na súa portada: “O Principiño”.
-Tranquilos Señores!. Tranquilos!. Vai a dar comezo o proceso contra Pedro Barreiro – di un home de longo bigote encerellado.
O silencio debuxa na sala un mar de rostros grises, e todos os oculos ensartan o seu bafo na pequena figura de Pedro, que nun acto instintivo apreixa contra o seu peito o vello e pequeno libro.
- Bos días compañeiros!. Como responsable do Departamento de Homoxeneización e Educación, hoxe estou aquí para por no voso coñecemento o acontecido onte na Escola Unitaria da Vila.
- O aquí presente, foi sorprendido mentres lía unha lectura non autorizada. Así mesmo, atopáronselle na súa mochila catro libros dos considerados perigosos pola súa incitación ao pensamento creativo, heteroxéneo, e soñador!. – unha marea de odio enche as garabatas dos políticos de enerxía.
As palabras esvaran polo corpo de Pedro, e lobos invisibles traban os seus pés mentres olla unha inscrición luída, que pendura morta do teito: “Sapientia est potentia”.
- … condenase a morte a Pedro Barreiro. Ten algo que dicir o culpable?.- preguntou axitando divertido o bigote.
- Sí. “As estrelas non significan o mesmo para todos”. – e dito isto, os lobos arrédanse do seu corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario