viernes, 21 de octubre de 2011

O CAMIÑO

Fago un descanso no camiño, e penso nos fíos que nos unen. Escoito nas vosas voces a Castelao, ó "Che", Alberti, Blanco Amor, Celso Emilio, Rafael Dieste, entre outros, e ollo a herdanza tecida no tempo chegando aos meus ollos. Dou as grazas aos meus pais por ensinarme a respectar, a escoitar. Collo aire... e sigo o camiño... un anano entre xigantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario