sábado, 29 de octubre de 2011

Frase da semana

DEBUXOS MEDIOAMBIENTE


Clica na imaxe

martes, 25 de octubre de 2011

CLOCK CLOCK




Adri y Gael(alumnos de el IES as Barxas) se presentaron a este concurso , votar si os gusta

XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes”


Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2011, levaranse a cabo ás XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes”, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.


Por mor da execución das obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán, o Concello de Ferrol por medio da Concellería de Cultura déixanos ubicarnos neste espazo do Centro Cultural “Torrente Ballester” para poder levar adiante as nosas, xa consolidadas, Xornadas de Curtametraxes, polo que dende aquí reiterámoslle as grazas.

Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes once anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.


Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 30’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 11 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.


GRAZAS POR PARTICIPAR!

viernes, 21 de octubre de 2011

REVISTA ATENEA Nº42 (Especial Poesía Visual)



Clica aqui ou na imaxe:

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/


A nosa Revista Atenea nº 42 "E...special Poesía: Poesía Visual" podedes descargala dende internet, clicando no link que tedes arriba! Esperamos que se as circunstancias actuais melloran, podamos ofrecela tamén en papel.

Agradecemos a súa DIFUSIÓN e, en particular o noso recoñecemento aos autores e autoras que a fixeron posible!



SUMARIO ATENEA 42


Especial Poesía: Poesía Visual




EDITORIAL

• Editorial

XENTES

CELSO EMILIO FERREIRO.CEN ANOS DO SEU NACEMENTO o 6 xaneiro de 2012.

Especial Poesía: Poesía Visual

• Agustín Calvo Galán - Barcelona

• Alfonso Rodríguez – Ourense

• Ana González Moro – A Coruña

• Ángels Jornet Sagués – Tarragona

• Artemio Lándoas -

• Baldo Ramos – A Coruña

• Bartolomé Ferrando – Valencia

• Corporación Semiótica – A Coruña

• Cristina Ferreiro – Lugo

• Jesús García Eiroá – Ferrol

• Jorge Chamorro – Madrid

• José Francisco Varela Rial – A Coruña

• Eliso – Vigo

• Marisol Gándara – Ordes – A Coruña

• Miguel Angel Alonso Diz – Vigo

• Paulo Pardo Carrera – Vigo

• Rosanegra – Vigo

• Sergi Quiñonero - Tarragona

Publicación da REVISTA “ATENEA” - TRIMESTRAL – Dende 1999 Publicación Monográfico “CADERNOS ATENEO” – ANUAL – Dende 1976. Distribución gratuíta aos soci@s, Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galicia e España.

O CAMIÑO

Fago un descanso no camiño, e penso nos fíos que nos unen. Escoito nas vosas voces a Castelao, ó "Che", Alberti, Blanco Amor, Celso Emilio, Rafael Dieste, entre outros, e ollo a herdanza tecida no tempo chegando aos meus ollos. Dou as grazas aos meus pais por ensinarme a respectar, a escoitar. Collo aire... e sigo o camiño... un anano entre xigantes.


miércoles, 19 de octubre de 2011

LOBOS

Na gran sala dos Ministerios escoitase un murmúreo de pequenas, medianas e até altas voces en posición de desaprobación.



- Non é posíbel!.

- Infame!!

- Como se atreve?


No medio do coro de voces un neno de ollada espida sostén nos seus brazos un pequeno e vello libro que berra na súa portada: “O Principiño”.


-Tranquilos Señores!. Tranquilos!. Vai a dar comezo o proceso contra Pedro Barreiro – di un home de longo bigote encerellado.

O silencio debuxa na sala un mar de rostros grises, e todos os oculos ensartan o seu bafo na pequena figura de Pedro, que nun acto instintivo apreixa contra o seu peito o vello e pequeno libro.


- Bos días compañeiros!. Como responsable do Departamento de Homoxeneización e Educación, hoxe estou aquí para por no voso coñecemento o acontecido onte na Escola Unitaria da Vila.

- O aquí presente, foi sorprendido mentres lía unha lectura non autorizada. Así mesmo, atopáronselle na súa mochila catro libros dos considerados perigosos pola súa incitación ao pensamento creativo, heteroxéneo, e soñador!. – unha marea de odio enche as garabatas dos políticos de enerxía.


As palabras esvaran polo corpo de Pedro, e lobos invisibles traban os seus pés mentres olla unha inscrición luída, que pendura morta do teito: “Sapientia est potentia”.


- … condenase a morte a Pedro Barreiro. Ten algo que dicir o culpable?.- preguntou axitando divertido o bigote.


- Sí. “As estrelas non significan o mesmo para todos”. – e dito isto, os lobos arrédanse do seu corpo.

martes, 18 de octubre de 2011

UN SOÑO CUMPRIDO


O Forxador con Xosé Neira Vilas

GRAN escritor
GRAN persoa.

viernes, 14 de octubre de 2011

Una poeta de Bueu

jueves, 13 de octubre de 2011

miércoles, 12 de octubre de 2011

Promoción 15 octubre

Concerto-xira A noite dos cans


Venres 14 outubro ás 23:00

                                                              Lugar Momo, A Rúa
                                                               Virxe da Cerca, 23
                                                              Santiago de Compostela

 
Miguel Alonso

LIBRO CIENCIA QUE CONTA 2010


No que se pode atopar o meu relato “Nota do autor: prégase ler este relato cos ollos pechados”

(premer na imaxe)









sábado, 1 de octubre de 2011

A Mª do Carme Kruckenberg

Serei breve para non a mancar



con torpes palabras … as miñas.






Inmensa voz poética,


plenitude vital


... xuventude eterna


alma incandescente


verdade!






Todo isto é ela,


ela, que amosoume o camiño,


amiga, conselleira …