Na aldea do meu tío
había antes un gato
que se chamaba pío,pío,
cando naceu era ben
pequeniño, pequeniño.
Tiña unha orella verde
e a outra azul
e cantaba como un paxariño,
o seu xeito era moi doce
e camiñaba dando saltiños.
Cando eu chegaba
enchíame de aloumiños,
cando eu marchaba
inchábaselle o fociño.
Agora xa non hai
na aldea do meu tío,
ningún gatiño como aquel
o que chamaba pío, pío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario