Quen é o tempo?
O tempo é un señor moi vello
de longa barba e neve no cabelo,
que no seu eterno vagar
elevase cara o ceo
levando consigo un reloxo dourado
cheo de caramelos.
Non, non!
ese non é o tempo.
O tempo é un home moi atarefado
que sempre anda correndo,
co seu maletín as costas
endexamais está ledo,
e o seu reloxo asemella sempre canso
e no seu ollar adiviñase o inverno.
Non, non!
ese non é o tempo.
O tempo é unha rapaza ousada
que viste enormes faixas,
a súa face é sempre avermellada
e na súa mirada un sorriso descansa,
e leva consigo un pequeno reloxo
onde os segundos alegres cantan.
Non, non!
ese non é o tempo
O tempo é un neno rebuldeiro
que aínda ten tenra a ollada,
sempre berra moito
e a súa curiosidade non ten parada,
e non sabe o que é un reloxo
e nunca atende a chamadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario