Non vos enganedes
porque eu son o silencio,
o silencio da noite
(o silencio da morte)
O silencio da pedra que medra
nos teus ollos de terra
como unha campa friorenta
ou unha buguina carrizenta
Non vos enganedes, non,
porque eu son o verbo
que deita no teu lombo
as súas patas medoñentas
(o silencio dos mortos)
E no meu ollar calado
agocho unha dor insostíbel
en eterna fotosíntese…
Non vos enganedes
porque coas miñas mans espidas
sosteño palabras murchas
dun microcosmos inexistente.
(o silencio da morte)
E non dubidarei en pousar
a miña carne finxida
nos vosos beizos engurrados,
para o cabo…
obter un sorriso enloitado.
Non vos enganedes, non,
o silencio da morte fálavos
o silencio dos mortos…
Olá meu! Antes que nada, desculpas por non ter pasado antes por este espazo tan interesante no que me sentín tan cómodo como na casa ao entrar por esa porta verde sempre aberta. E por suposto... parabéns por este fermoso e inquedante poema. En verdade gustei moito do contido e desa atmósfera que consegues crear; se cadra unhas imaxes axeitadas non farían máis que potenciar esa impresión. Eu tan só lle vexo "un pero", que é esa rima algo descontrolada da 2ª estrofa. En calquera caso, encantoume! Parabéns! Unha aperta
ResponderEliminar- FONSO -
voume facer gotico ou corintio ou sabe deus que como siga por esta senda poetica.......
ResponderEliminarGrande desasosego e estraño sentimento que amosa como a forza das palabras son quen de materializarse en imaxes visuais.
ResponderEliminar