sábado, 14 de enero de 2012

Celso Emilio inédito



Maus arriba e boca abaixo o pobo
Vamos a instalar o silencio,
cero preguntas, cero movimentos.
Porque esto é un atraco
estades vendo
as pistolas alegres
i os índices propensos
capaces de asumir
mortos a centos.
Pun, pun, ao que se mova,
pun, pun, ao que reclame dereitos,
sexa home ou muller,
pun, pun, todos interfectos.
Non hai cousa mellor
pra impoñer a lei do retroceso
o orde equidistante
a paz do cimenterio
a misa do domingo
o salario do medo
i o culto dos xerárquicos
estamentos.
Mans arriba e boca abaixo o pobo.
Non perdamos máis tempo.
Porémoslle control
ás volvoretas e ao vento
os coitos e as preces
a luz i o alimento.
Con tricornios de neve
e vergallos domésticos
degolaremos as gorxas
oblicuas
do pensamento,
e a rosa azul dos soños,
inxertaremos.
Serán para sempre nosos
os vosos esqueletos.
Os ollos pra chorar
tan só vos deixaremos.

Celso Emilio Ferreiro

inedito do poeta de celanova
publicado por arraianos no libro
celso emilio fai 100 anos
presentado onte en librouro Vigo

"grazas ao meu amigo Pipas"



No hay comentarios:

Publicar un comentario