martes, 10 de enero de 2012

A Hostia en verso 'Aliens Vs. Predators'


Sábado, 14 de Xaneiro de 2012. Dende as 22:00 ata as 23:30
 
 
E por fin chegamos ao 2012, o ano da fin segundo os Maias. E os Maias sabían ben o que dicían, moito máis que o Nostradamo ese que vaticinou ducias de datas para a fin. O 2012 é aposta única da civilización precolombina que, dito sexa de paso, souberon facer desaparecer u...nha cidade de ouro e extinguíronse como civilización, razón pola cal debemos darlles un voto de confianza. Ao fin e ao cabo se se lle da aos políticos... os indíxenas sonche máis simpáticos cos seus taparrabos e arcos e tal...

Vaia, que nos imos polos cerros da serra andina!

As poetasdahostia pregúntanse a diario como chegará esta anunciada fin. Baixarán un número indefinido de xinetes da apocalipse dos ceos? Será un meteorito o que acabe coa crise? unha grande erupción volcánica? Comeranos a todas E. Botín? Kim-Jong-Un construirá un robot xigante e se lle irá das mans? Mudará a kokakola o seu ingrediente segredo pola cicuta?

Logo de tanto pensar descubrimos que a única forma en que pode chegar a fin ten que ser por unha ameaza externa, xa que a humanidade non sería nunca tan estúpida como para autoextinguirse (ehem...) E de todas as ameazas externas E.T. parecíanos pouco impactante. Así que chegamos a definitiva conclusión de que os únicos bechos superiores que poden causar a nosa fin son os coñecidos Alien e Predator.

**Para concluír:
O próximo sábado, no histórico Bar Hipólito e da man das poetas presentadoras da gala María Lado e Lucía Aldao poderedes decidir cal das dúas bestas primixéneas será a que poña fin a este mundo. Para a defensa de cada bando contaremos coas poetas: Ledicia Costas, Nolim González, Edu Estévez, María N. Soutelo, O Leo de Matamá e Daniel Landesa.

Vas faltar a cita?

No hay comentarios:

Publicar un comentario