lunes, 28 de marzo de 2011

HAIKU PARA O POBO XAPONÉS

Vento de medo


creba sorrisos nus

espindo as almas.



Mare ferido

nun infindo adeus cego

e silandeiro.



Sonche noticias

(dunha dor afastada)

que rachan a alma



dun Pobo antigo,

(irmáns descoñecidos)

corpo ferido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario