"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
martes, 22 de marzo de 2011
I MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2011 NO ATENEO FERROLÁN
23 de marzo de 2011
XABIER MARQUÉS SOLLA
“Boca a boca” 15' Galego
Sinopse: Contradicións, usos, abusos, tópicos, desexos e rebeldías con relación ao decreto do plurilingüismo.
MARCOS NINE BUA
“O sol nos chaos” 27' Galego
Sinopse: En Amoeiro (Ourense) os petroglifos de A Ferradura amosan un antigo calendario, inscrito na paisaxe.
MARCOS NINE BUA
“A fábrica” 20' Galego
Sinopse: O téxtil en Galicia. Rosa é unha muller próxima aos 60 anos. É ama de casa, e a súa vida non se diferenza moito doutras.
MARCOS NINE BUA
“Manuscritos pompeianos” 17' Galego
Sinopse: Os muros de Pompeia, construídos orixinariamente para a protección da cidade.
MANUEL IGLESIAS NANIN
“En medio de algures” 16' Galego - Árabe
Sinopse: Nos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf, en Arxelia, na parte máis dura do deserto do Sáhara, o pequeno Mohamed érguese como cada mañá. Mentres, nos demais campamentos, a vida tamén esperta ao seu propio quefacer.
SIMONE SAIBENE OURENSE
“Regreso a San Andrés” 26' Galego i Castelán
Sinopse: Esther decide cumprir unha viaxe seguindo as pegadas do seu mozo Andrea, morto hai pouco tempo. Con poucas probas da viaxe de el (recibos, resgardos fiscais, debuxos e fotos) sae cara a Galicia. En Cedeira colle unha habitación no hostal onde Andrea durmiu o ano pasado.
ADRIANA PEREZ VILLANUEVA
“O partido” 7´58 Galego e Castelán
Sinopse: Un grupo de rapaces de 12 anos deciden facer un partido político. É hora de cambiar o mundo, de buscar novas formas de goberno ou de reiventar as que nos ensinaron .... porque algo haberÁ QUÉ FACER, NON?
COLECTIVO BiciLab
“Lembranzas das Encrobas” 7’42’’ Galego
Sinopse: As Encrobas, lugar de Cerceda, onde durante 30 anos foron desaparecendo ate 60 aldeas ante o destructivo avance da mina a ceo aberto, que antaño nutriu de lignito á Central Térmica de Unión Fenosa, e que agora estase enchendo con auga para facer un lago artificial.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario