"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007)
lunes, 14 de marzo de 2011
MERENDACEA
Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Merendacea vén sendo un recital de poesía pero non o recital de poesía ao que estás afeito, senón algo máis. Nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, danza, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito h...umor. E tal vez unha escasa dose de solemnidade, necesaria aínda non sabemos moi ben para que.
Na primeira sesión de Merendacea poñerán poesía, e outras cousas, Ledicia Costas e a bailarina Nuria Baila; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde; María Reimondez e o titiriteiro Borxa Ínsua. O indefinible dúo eléctrico IgMig encargarase da parte musical que recomendamos non perder, e as poetas María Lado e Lucía Aldao oficiarán de presentadoras desta singular noite.
Merendacea é un proxecto dos creadores dos recitais-combate A hostia en verso producido polo museo Verbum Casa das Palabras de Vigo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario