Venres 23 de marzo ás 20:00
rúa pasantería, 9 baixo, Pontevedra
Parten de orzamento mínimo pero con numerosas conexións con artistas galegos e internacionais. O Furancho de Arte abre nun galpón da parroquia da Peregrina, no rural compostelán, un espazo promovido polos artistas Olmo Blanco e Diego Vites, canda a crítica de arte, Ania González. Habilitando galpóns, alpendres e galiñeiros da vivenda do avó como obradoiros e salas expositivas, o proxecto iníciase o 23 de marzo ás 19.30 horas. Pola súa banda, María Díaz e Araceli Torres promoven en Pontevedra About Art, unha nova galería orientada "á promoción dos novos valores da arte contemporánea". Para demostralo, a galería tamén se inaugura este venres 23 de marzo ás 20.00 h. coa inauguración da exposición colectiva Emergentes, que recolle obras de artistas noveis galegos relacionados coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario