24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
- A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
- Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.
- A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
- O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
- A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pola súa parte, está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00
A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30
Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30
Ourense, Liceo, 19:30
Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00
No hay comentarios:
Publicar un comentario