Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.
Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.
E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!
E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!
Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.
Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.
E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…
E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…
e murmurear o seu nome
e murmurear o seu nome
Miguel Ángel Alonso Diz
No hay comentarios:
Publicar un comentario