viernes, 17 de febrero de 2012

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega á XIII edición


CELEBRARASE ENTRE O 4 E O 31 DE MARZO DE 2012


Coas supersticións como tema central, o Salón do Libro de Pontevedra chega este ano á súa edición 12+1. A iniciativa celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 4 e o 31 de marzo, e terá a Paco Martín como autor homenaxeado. Como cada ano, o programa prevé continuar con actividades para escolares, contacontos, teatro, música, obradoiros, monicreques, coloquios ou presentacións de libros. Segundo adianta o web, o evento "indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil".
Segundo anunciou a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, apuntou que o orzamento do evento será desta volta de 100.000 euros, 50.000 menos do que a primeira edición. Entre outras actividade, anunciou a celebración dun torneo de billarda, mesas redondas sobre lugares máxicos, unha obradoiro sobre talismáns a Calros Solla, que tamén achegará unha exposición sobre este tema. Pola súa banda, Pepe Penabade montará a mostra "O carro de buqueiras novo", personaxe que tamén protagonizará unha actividade no evento. Mostras da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, da Escola de Canteiros e mais dos centros de ensino da comarca son outras propostas do programa.

http://salondolibro.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario